Cova do Rei Cintolo
| Cova do Rei Cintolo | ||||
| País: | ||||
| Com. Autónoma: | ||||
| Provincia: | Lugo | |||
| Concello: | Mondoñedo | |||
| Localidade: | Argomoso | |||
| Coordenadas: | n/d | |||
| Fuso horario: | CET, UTC+1 | |||
| Tipo de cova: | Cova calcaria | |||
| Lonxitude: | 7.500 m. | |||
| Altitude: | n/d | |||
| Profundidade: | n/d | |||
| Sitio web | n/d | |||
A Cova do Rei Cintolo está situada na parroquia de Argomoso (Mondoñedo). É a cova calcaria máis grande de Galicia e no seu interior pódense observar estalactitas e estalagmitas. Está formada por tres andares de galerías, a inferior cunha vía de auga con circulación parcialmente sifonante, que forman un total de case 7.500 metros de lonxitude[1], o que fai que sexa a cova coñecida con maior percorrido horizontal de Galicia, polo que é bastante coñecida.
Índice |
Situación [editar]
A caverna atópase no lugar de Sopena, na parroquia de Argomoso, en Mondoñedo. O enclave atópase a escasos quilómetros do centro da vila.
Historia [editar]
A cova foi explorada, do punto de vista arqueolóxico, por primeira vez por José Villaamil y Castro na década de 1870, da que deixou constancia no seu libro Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia. En 1893 cítase no xornal La Voz de Luarca outra exploración e un ano máis tarde aparece citada na guía de Gabriel Puig y Larraz chamada Guía de cavernas de España. Daquela estimábase a dimensión da cova nuns 200 metros.
En 1954, a iniciativa do Club Montañeiros Celtas de Vigo, fíxose un campamento para a exploración e topografía da caverna. Descóbrense novas zonas na cavidade, así como o río subterráneo, ao que chamaron río Celtas. Máis tarde distintos grupos espeleolóxicos de toda España foron completando as investigacións e os traballos de topografía. A finais dos anos 1960 comezan os intentos de obter unha topografía xeral da cova, ao tempo que se descobre a galería Venus á dereito da sala do Río (tamén coñecida como salas Finais do Río).
En 1973 a cova gaña sona grazas a un documental de TVE, que supuxo a primeira filmación da cova. A partir daquela a caverna comezou a ser visitada por un gran número de persoas, que provocaron deterioros no seu interior. En 1976 decidiuse colocar unha verxa, debido aos espolios que estaba a sufrir a caverna, que ameazaban coa destrución da cavidade.
Nas excavacións dirixidas no verán de 2002 pola arqueóloga Rosa Villar atopáronse materiais da Idade de Ferro, da cultura castrexa (cerámica e osos de vaca, porco e cervo) na súa entrada. En 2006 o Concello de Mondoñedo puxo en marcha un sistema de visitas guiadas á caverna, poñendo fin a unha época de peche que semellaba definitiva.
Curiosidades [editar]
Mondoñedo é un concello con multitude de presenza castrexa. Exemplo disto son os castros de Os Castelos de Viloalle, o de Santa María Maior, ou o de Zoñán.