Correo de Galicia (Bos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Correo de Galicia.

Correo de Galicia foi un periódico galego editado en Bos Aires entre 1898 e 1965.

[editar] Historia e características

Atravesou varias etapas:

Tratábase dunha publicación de información xeral, bilingüe, con predominio do castelán, que recolleu as actividades das diferentes institucións de emigrantes e as novas acaecidas na colectividade galega no ámbito do Río da Prata. Asumiu posturas galeguistas e mesmo republicanas durante a ditadura de Primo de Rivera, ata tomar postura en 1936 a favor do bando "nacional". En 1945 pasou a denominarse Nuevo Correo e foi dirixido por Braulio Díaz Sal, e máis adiante convértese no Faro de España.

Entre os seus colaboradores destacaron: Manuel Casas, Basilio Álvarez, Xavier Bóveda, Ramón María del Valle-Inclán, Aurelio Ribalta, Emilia Pardo Bazán, Eduardo Blanco Amor e Julio Camba.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990), Historia de la Prensa Gallega 1800-1986, Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas