Corredor de Wakhan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da rexión do corredor de Wakhan.

O corredor de Wakhan, tamén chamado corredor de Vakhan (en persa: واخان) é un estreito corredor xeográfico localizado na cordilleira do Pamir que conecta Afganistán e a China. Pertence á provincia afgá de Badaghxán e ten fronteira con Taxiquistán, ó norte, e Paquistán, ó sur, ademais de coa China ó leste. O corredor conta con 12 000 habitantes.[1]

O termo corredor de Wakhan (Wakhan Corridor) emprégase ás veces erradamente para referirse a toda a rexión do Wakhan e tamén en senso contrario e máis restrinxido, para referirse soamente á ruta que discorre ó longo do río Panj e do río Wakhan e que leva até a China; neste caso, a parte norte do Wakhan coñécese como o Pamir afgán (Afghan Pamir).[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente a rexión de Wakhan foi unha importante rexión xa que é onde se atopan o extremo occidental de Asia central e Asia oriental. Antes da chegada do islam a rexión estivo en disputa entre o Tíbet e a China.

Notas[editar | editar a fonte]