Conversa usuario:Franssen~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvida e pregunta na taberna[editar a fonte]

Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Benvido á Galipedia Franssen~glwiki: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco.

Es libre de crear as páxinas que desexes. Non precisas debater para creares un artigo. Agradecemos especialmente que aportes os teus coñecementos e que nos axudes a crear unha enciclopedia de calidade.

Evidentemente, podes traducir doutras wikipedias. Convén que o fagas sobre artigos que estean dentro do teu campo, para poder evitar posibles erros que presenten os orixinais.

Ollo con non traducir material con copyright (libros, outras enciclopedias, páxinas web,...). Inda que non poñan expresamente que teñen copyright, segundo a lexislación internacional teñen dereitos de autor e non poden ser traducidos literalmente, inda que si te podes basear neles.

Para comezar un novo artigo, recoméndoche primeiramente que fagas unha busca, non vaia ser que exista. Se o artigo non existe con ese nome, apareceranche unha serie de ligazóns a outros artigos semellantes. Pode existir con outro nome, fíxate para non duplicar. Nese mesmo momento verás na páxina unha ligazón que pon Pode crear a páxina. Se fas click nela, xa podes empezar a escribir.

Quizais conveña que lle botes unha ollada a Wikipedia:Como escribir un bo artigo, Wikipedia:Libro de estilo e Wikipedia:Guía de edición.

No dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:42, 1 novembro 2006 (UTC)


Outra benvida[editar a fonte]

Benvido á Galipedia Franssen. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:54, 3 novembro 2006 (UTC)

Re:Gracias pola axuda[editar a fonte]

Respondiches correctamente. Grazas pola túa colaboración. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:57, 5 novembro 2006 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)