Conversa usuario:213.60.69.56
Toda colaboración é benvida na Galipedia mentres sexa construtiva. Se volves facer edicións semellantes ás de Robert Falcon Scott vou pedir o teu bloqueo. Avisado quedaches. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:27, 26 de decembro de 2010 (UTC)
Non se preocupe polo que acaban de dicirlle, se vai vostede ao portal da comunidade comprobará que as normas conciben a wikipedia como un proxecto do que ninguén posúe un poder absoluto, os administradores e os burócratas están para acoller e instruír, non para lanzar admonicións ao primeiro que se acerca, e por riba deles está a propia fundación que o que busca é o maior número de colaboradores e se sorprendería do abertos que son, noutros idiomas o teñen demostrado, aquí aínda temos que madurar, siga por aquí, apréndese moito aínda que solo sexa lendo o que se vai escribindo, aínda que nesta wiki hai pouco debate a diferencia de outras, non foi así sempre, non se desanime e seguro que tamén aprenderemos de vostede —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.116.153.36 (conversa • contribucións)
Citar as fontes[editar a fonte]
Ola, usuari@ anónimo.
Verás, a Wikipedia non é unha fonte primaria. Anímote, logo, a que cites as fontes das túas achegas.
Tes máis información en: Wikipedia:Verificabilidade.
Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 16:40, 10 de xullo de 2011 (UTC)
Formato e referencias[editar a fonte]
Ola, ip. É necesario que categorices, poñas as ligazóns interwiki no caso de habelas e que engadas referencias cando fas afirmacións de calado, como que tal persoeiro vendeu tantos millóns de discos ou tal outro foi o primeiro en facer tal outra cousa. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:08, 2 de outubro de 2011 (UTC)
Esta é a páxina de conversa dun usuario anónimo que aínda non creou unha conta ou que non a usa. Polo tanto, emprégase o enderezo IP para a súa identificación. Este enderezo IP pódeno compartir varios usuarios distintos. Se pensa que foron dirixidos contra a súa persoa comentarios inadecuados, por favor, cree unha conta ou acceda ao sistema para evitar futuras confusións con outros usuarios anónimos. |