Conversa usuario:213.60.222.34

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 213.60.222.34 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 18:18, 23 outubro 2006 (UTC)

Ambiente[editar a fonte]

É certo que en tódalas wikis hai conflitos, pero sinceramente creo que na Galipedia son levadeiros: procuramos que se garden as formas. Digo isto, porque creo que non gañas nada ó editar como IP. Proba --Lmbuga Commons - Galipedia 18:18, 23 outubro 2006 (UTC)

Axuda detective Conan[editar a fonte]

Ola, Ip. Eu pódoche axudar, no seu momento, coas correccións de lingua e se cadra con pequenos temas de formato, pero non me pidas que che axuda en xeral cos episodios, porque non sei de que vai e sobre todo non teño moito interese nestes temas, ao igual que ti podes non telo noutros artigos nos que en troques eu si edito con frecuencia, como a música latinoamericana ou os escritores galegos. O dito, que o vaias desenvolvendo con xeito e que cando precises axudas puntuais de lingua, eu dareille un repaso sen problema ningún. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:36, 10 outubro 2009 (UTC)

Ola 213.60.222.34. Si tes coñocementos a compartir no artigo Lista de episodios de O detective Conan, hai tres posibilidades:

  1. podes melloralo amaãndo o contido e darlle formato wiki.
  2. o si pensas que está irrecuperable podes pidir a comunidade o borrado do artigo
  3. En ningún caso podes seguir borrando unha parte do contido sin dar esplicacións na páxina de conversa do artigo para que podamos conversar entre usuarios. Si eres de boa fé podes pedir axuda a calquer usuario para guiarte. Saúdos Elvira (conversa comigo) 19:04, 14 novembro 2009 (UTC)
Reitéroche o que che din, se eliminas información sen dar ningunha razón o lóxico é que pensemos que é vandalismo, se consideras que hai datos que se deben eliminar por calquera razón tes que indicalo na páxina de conversa do artigo.--RNC 19:12, 14 novembro 2009 (UTC)
Non podo máis que concordar coas advertencias que te fixeron outros galipedistas. Os borrados reiterados que fixeches, co único argumento de que o texto borrado che parecía perralleiro, teñen a consideración de vandalismo e poden levar a un bloqueo que ninguén desexa. Utiliza, para os cambios que propoñas, a páxina de conversa. Pedro --Lameiro (conversa) 19:17, 14 novembro 2009 (UTC)
  • Non creo que debamos adiantar os títulos de episodios non emitidos. Agardemos á emisión na TVG (ou G2, creo que é onde botan a serie actualmente). Vouno comentar na conversa, a ver que din outros. --Toliño Fala aquí comigo 20:15, 28 novembro 2009 (UTC)