Conversa modelo:Vigo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isto non é certo, en Vigo non hai parroquias. Hai dúas entidades singulares As Illas Cíes e Vigo, esta última divídese en entidades colectivas.

Non hai que fiarse deste tipo de páxinas, evidentemente hai parroquias pero son relixiosas, non administrativas, como ben explica na propia páxina do nomenclátor do Instituto Galego de Estatística [1], outra cousa é que a xente e certas páxinas web confundan as parroquias relixiosas coa división administrativa oficial, que no caso de Vigo non contempla as parroquias (descoñezo a razón pero iso non é importante para o caso, supoño que será que os límites xa non coinciden coas antigas parroquias polo gran aumento de poboación desas antigas zonas rurais agora xa urbanizadas)--Miñato 11:33, 3 agosto 2006 (UTC)

  • Perdón polo erro, Vigo si se divide en parroquias, tan só que as Illas Cíes non pertence a ningunha parroquia.--Miñato 14:08, 3 agosto 2006 (UTC)

Retirada de parroquias[editar a fonte]

Revisa, Maria, por favor. A edición non é correcta. --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2020 ás 08:09 (UTC)[responder]

Reviso, grazas @HombreDHojalata:.--Maria zaos (conversa) 11 de maio de 2020 ás 13:06 (UTC)[responder]
Bouzas, Coia, Freixeiro, San Paio y San Xoan do Monte no son parroquias administrativas del municipio pero por su tradición histórica las destacamos en esta sección.[1]

Referencias

  1. "Parroquias - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2020-06-06. 

.--Maria zaos (conversa) 6 de xuño de 2020 ás 22:20 (UTC)[responder]

Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población (NGEP) (2019)[editar a fonte]

A continuación as entidades colectivas de poboación que aparecen nesta fonte.

  1. 36057010000 Alcabre (Santa Baia)
  2. 36057020000 Beade (Santo Estevo)
  3. 36057030000 Bembrive (Santiago)
  4. Bouzas
  5. 36057050000 Cabral (Santa Mariña)
  6. 36057060000 Candeán (San Cristovo)
  7. 36057070000 Castrelos (Santa María)
  8. Coia
  9. 36057090000 Santo André de Comesaña (Santo André)
  10. 36057100000 Coruxo (San Salvador)
  11. A Florida
  12. 36057130000 Freixeiro (San Tomé)
  13. 36057140000 Lavadores (Santa Cristina)
  14. 36057150000 Matamá (San Pedro)
  15. 36057160000 Navia (San Paio)
  16. 36057190000 Oia (San Miguel)
  17. 36057260000 Saiáns (San Xurxo)
  18. San Paio de Fóra
  19. San Xoán do Monte
  20. 36057250000 Sárdoma (San Pedro)
  21. 36057270000 Teis (San Salvador)
  22. 36057280000 Valadares (Santo André)
  23. Vigo centro
  24. 36057300000 Zamáns (San Mamede)

Polo momento nada máis.--Maria zaos (conversa) 6 de xuño de 2020 ás 22:20 (UTC)[responder]

"Vigo Centro non é parroquia civil"!?[editar a fonte]

Daquela, User:Elisardojm, o seu territorio e os 201.100 habitantes que faltan, a que parroquia civil pertencen?!

36	057	00	00	00	VIGO			295.364	139.699	155.665
36	057	00	01	00	CÍES			4	3	1
36	057	00	02	00	VIGO			201.100	94.116	106.984
36	057	00	02	01	VIGO			201.100	94.116	106.984
36	057	01	00	00	ALCABRE (SANTA BAIA)	4.241	2.062	2.179
36	057	02	00	00	BEADE (SANTO ESTEVO)	5.322	2.561	2.761
36	057	03	00	00	BEMBRIVE (SANTIAGO)	4.343	2.005	2.338
36	057	05	00	00	CABRAL (SANTA MARIÑA)	6.581	3.166	3.415
36	057	06	00	00	CANDEÁN (SAN CRISTOVO)	4.639	2.257	2.382
36	057	07	00	00	CASTRELOS (SANTA MARÍA)	7.987	3.886	4.101
36	057	09	00	00	SANTO ANDRÉ DE COMESAÑA	6.513	3.133	3.380
36	057	10	00	00	CORUXO (SAN SALVADOR)	5.289	2.607	2.682
36	057	13	00	00	FREIXEIRO (SAN TOMÉ)	5.952	2.859	3.093
36	057	14	00	00	LAVADORES (SANTA CRISTI	17.522	8.324	9.198
36	057	15	00	00	MATAMÁ (SAN PEDRO)	3.716	1.802	1.914
36	057	16	00	00	NAVIA (SAN PAIO)	6.152	3.060	3.092
36	057	19	00	00	OIA (SAN MIGUEL)	3.848	1.861	1.987
36	057	25	00	00	SÁRDOMA (SAN PEDRO)	2.389	1.163	1.226
36	057	26	00	00	SAIÁNS (SAN XURXO)	1.166	578	588
36	057	27	00	00	TEIS (SAN SALVADOR)	2.404	1.242	1.162
36	057	28	00	00	VALADARES (SANTO ANDRÉ)	5.357	2.603	2.754
36	057	30	00	00	ZAMÁNS (SAN MAMEDE)	839	411	428 

[2]

--. HombreDHojalata.conversa 16 de xuño de 2020 ás 22:05 (UTC)[responder]

Respondo eu, tomando como fonte o NGEP, que inclúe os datos de poboación do padron continuo do INE, que son os que en teoría se recuperan na consulta que fixeches no IGE.
  • CODIGO INE 36057000000 Nome Vigo Tipo Municipio Coordenadas -8,72679 42,23589 Fonte GPS. PNRGM Poboación 2019 295364 (Total concello)
  • CODIGO INE 36057000200 Nome Vigo Tipo Entidad singular Coordenadas -8,72638 42,23948 Fonte Mapa Poboación 2019 201100
  • CÓDIGO INE 36057000201 Nome Vigo Tipo Capital de municipio Coordenadas -8,72679 42,23589 Fonte GPS. PNRGM Poboación 2019 201100

Segundo isto, a capital de municipio e a entidade de poboación Vigo corresponderíanse a nivel de unidade estatística, aínda que sexan de distinto tipo, como indican os códigos INE. As parroquias aparecen como entidades colectivas e son as mesmas que xa citei aquí arriba, e Vigo centro non é ningunha delas. A fonte PNGRM correspóndese co Plan Nacional de Referenciación Geográfica Municipal (PNRGM).Saúdos, Usuario:HombreDHojalata.--Maria zaos (conversa) 17 de xuño de 2020 ás 07:52 (UTC)[responder]

Polo tipo de Fonte (os mapas teñen menos valor que o PNGRM ou o NBE, NGEP polo que entendín eu dos procesos de harmonización) a unidade oficial estatística sería a do código INE 36057000201, capital de municipio, xa que aparece un campo "estatus IDG (=identificador geográfico)" que a parametriza como oficial, pero non sei máis.--Maria zaos (conversa) 17 de xuño de 2020 ás 08:02 (UTC)[responder]
Eu o que estou consultando é o DOG do Nomenclátor de Pontevedra, claro que acabo de decatarme que é de 1998, pero é o que ligan os da Xunta na web do Nomenclátor, non sei en que parroquia estarán eses vigueses, pero o que tampouco vexo por ningures é a denominación Vigo Centro. Acabo de descargar tamén o Nomenclátor completo da Xunta de Galicia e tampouco pon nada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2020 ás 08:49 (UTC)[responder]

Novo inciso: o nomenclátor estatístico do IGE[editar a fonte]

Para quen non acabe de ver claro a diferenza entre unidade de tipo estatístico e outras denominacións, ou polo feito de ser unha institucións menos "allea" cito aquí a páxina principal do Nomenclátor estatístico do IGE, que deixa xa claro que como entidades colectivas (o que asimilariamos a parroquias civís) en Vigo hai 18, que vén sendo o que levo indicando nas miñas achegas anteriores. A cursiva e negras son miñas.

No Nomenclátor recóllese unha relación detallada das entidades e núcleos de poboación de Galicia coa súa poboación a 1 de xaneiro de cada ano. A poboación dos concellos está distribuída nas diferentes entidades singulares, entidades que á súa vez se poden agrupar ou non en parroquias. Nalgúns concellos hai entidades singulares (que polo xeral dan nome á zona urbana do concello) que non están agrupadas en parroquias. Por exemplo, o concello de Vigo está constituído por dúas entidades singulares de poboación (Cies e VIgo) e por 18 entidades colectivas que agrupan a súa vez ao resto de entidades singulares do concello. Cada entidade singular pode estar constituída por ningún, un ou máis núcleos de poboación. A poboación da entidade singular que non está incluída en ningún núcleo considérase en diseminado. Deste xeito podería haber entidades singulares constituídas por un ou varios núcleos, entidades singulares todas elas en diseminado, ou ben entidades singulares con un ou varios núcleos máis un diseminado.

Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 14 de xullo de 2020 ás 13:42 (UTC)[responder]

Nomenclátores[editar a fonte]

O Nomenclátor de Galicia (non falo da páxina, na que xa detectaron erros)como conxunto de datos é do ano 2013. Existe un proceso de harmonización dos nomenclátores das CCAA e de todas as denominacións para o Estado que nunha primeira fase está recollido no Nomenclátor Básico de España, consultable aquí pero que en principio se integrará o traballo do Nomenclátor Geográfico de Entidades (que inclúe máis fontes ademais das cartográficas, como o padrón continuo do INE).[1] Para as unidades estatísticas (léase para reconto de poboación) existe un proceso de rexistro e modificación de entidades, que se pode consultar para cada ano, ver aquí e aquí Eses cambios no rexistro vólcanse nos NBE e no NGEP. No Nomenclátor Básico (porque o outro xa o mentei arriba) para Vigo aparece:

1.Poblaciones y construcciones.Entidad singular Vigo. Fonte: MFOMENTO.IGN.NGMEP.
  • Coordenadas
    • long_etrs89_regcan95 -872.637.909.399.992
    • lat_etrs89_regcan95 422.395.024.890.001
    • huso_etrs89_regcan95 29
      • x_utm_etrs89_regcan95 522575.46
      • y_utm_etrs89_regcan95 4676404.7
  • Código INE 36057000200

2 Poblaciones y construcciones.Entidad singular Vigo. Fonte: MFOMENTO.IGN.NGMEP.

  • Coordenadas
    • long_etrs89_regcan95 -8.726.788.225
    • huso_etrs89_regcan95 29
      • x_utm_etrs89_regcan95 522.543.000.075.126
      • y_utm_etrs89_regcan95 467.600.300.007.756
  • código INE 36057000201

—o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións) 17 de xuño de 2020 ás 07:28

Notas[editar a fonte]

  1. Nacional, Instituto Geográfico. "Instituto Geográfico Nacional". Geoportal oficial del Instituto Geográfico Nacional de España (en castelán). Consultado o 2020-06-17.