Conversa categoría:Amazon

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

.com (ou non)[editar a fonte]

@Banjo:

Viches d:Q8878347? Case todos lle poñen o punto-com (e en.wiki tamén, ata novembro do ano pasado). --. HombreDHojalata.conversa 12 de novembro de 2018 ás 16:51 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Si, de feito en en.wiki usan "Amazon" como páxina de homónimos, entendible xa que a propia palabra en inglés ten máis dun significado (as amazonas, o río, a Amazonia...) Entendo que no noso caso, xa que non temos ese problema de homonimia, o título máis axeitado tanto para o artigo como a categoría é simplemente "Amazon" xa que:
  1. É o título máis sinxelo e recoñecible da propia empresa. O seu nome legal é "Amazon.com, Inc.", pero o seu nome comercial é simplemente "Amazon", mentres que "Amazon.com" é o sitio web que usa a propia empresa para dar un dos seus servizos (o principal, iso si).
  2. É o tema primario con ese título, por uso actual, de lonxe. As fontes que fan referencia a "Amazon" na gran maioría dos casos refírense á propia empresa, non só ó sitio web. Sobre todo polo auxe dos seus produtos secundarios (Prime, Video, Alexa, etc...)
  3. Mantén a concordancia con outras categorías e títulos de empresas semellantes (Google + cat, Microsoft + cat etc.)
  4. Finalmente, o uso que fagan no resto de wikipedias entendo que é desbotable e secundario para nós, xa que hai fontes dabondo en galego que fan referencia á empresa con este nome, e polo tanto deberíamos tirar delas principalmente para definir o título (en lugar de apoiarnos nos usos doutras wikis por falta de fontes como se fai noutras ocasións nas que sí pode ser preciso).
Banjo tell me 12 de novembro de 2018 ás 18:35 (UTC)[responder]