Conversa:Real Madrid Club de Fútbol

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

É chamativo que na sección "Equipo técnico" poida lerse que o adestrador do Real Madrid é Manuel Pellegrini. - JonnyJonny (conversa) 22:47, 10 de marzo de 2012 (UTC)

Ese é un problema que hai con moitos artigos relacionados cos deportes de equipo, en particular o fútbol: páxinas que din que un xogador milita nun equipo e en realidade está noutro. Este exemplo é dos máis rechamantes. Supoño que haberá que crear unha categoría oculta para facilitar a revisión e os cambios a principio de temporada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:55, 11 de marzo de 2012 (UTC)
Éste non é un problema só dos artigos relacionados cos deportes de equipo. Existen ducias de artigos sobre cidades co nome do alcalde desactualizado, como Moscova, Chicago, Hong Kong, Washington ou Sevilla, por poñer só uns exemplos. O mesmo problema existe cos artigos dos países, como no caso do gobernador xeral de Australia, do primeiro ministro de Corea do Sur, do presidente de Filipinas, ou do rei de Malaisia entre moitos moitos casos. Habería que atopar unha solución global para este asunto, porque ó cabo, a galipedia arríscase a ser unha enciclopedia desfasada e pouco fiable. Unha solución sería crear xornadas de actualización de artigos na galipedia (unha cada mes ou cada dous meses, por exemplo). Outra opción sería crear un modelo oculto, e introducir sempre este tipo de datos dentro dese modelo, incluindo a data, de xeito que cando pase 1 ano o artigo apareza nunha categoría de artigos con datos cuxa vixencia deba ser comprobada, por exemplo así: { {Actual|Nome do alcalde|2012} } ou { {Actual|Nome do adestrador|2012} }. Neste caso sería: { {Actual|Manuel Pellegrini|2009} }, e Real Madrid Club de Fútbol aparecería nunha Categoría:Artigos con sospeitas de desactualización. Son ideas. - JonnyJonny (conversa) 22:11, 11 de marzo de 2012 (UTC)
Tes razón. Concordo coa túa descrición do problema. Urxe atopar unha solución e aplicala. Os artigos desactualizados son moitos e nós somos moi poucos. Supoño que o mellor será tentar que non morra o tema nesta páxina de conversa e ver entre todos cal pode ser a mellor solución. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:43, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Penso que cando se fala da era galáctica debería de facerse mención ao centenario do clube e ao chamado "Centenariazo", xa que tivo unha gran relevancia mediática. E máis tratándose da Galipedia. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.36.170.181 (conversacontribucións) 22 de marzo de 2012 ás 22:43

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Real Madrid Club de Fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 11:14 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Real Madrid Club de Fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 02:26 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Real Madrid Club de Fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de marzo de 2020 ás 02:04 (UTC)[responder]