Conversa:Papel maché

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Quedo coa dúbida de se pasta de papel e papel maché é a mesma cousa, pola wiki en castelán dáse a entender que non (véxase [1]). Entón, parece necesario aclarar isto, ademais o artigo precisa algunhas reformas (de lingua e de formato). --Xoán Carlos Fraga 19:40, 28 febreiro 2010 (UTC)
    • Papel maché é unha técnica, unha manualidade, para facer figuras, cadros, adornos, etc. con pasta de papel (que é a materia prima). Pero o artigo... creo que debería borrarse. Pedro --Lameiro (conversa) 19:50, 28 febreiro 2010 (UTC)
    • Soidade, wikipedista primeira do artigo e recén chegada ao proxecto wiki, traballa esta técnica e o que escribiu provén da súa experiencia persoal. Está claro que o artigo precisa varias reformas, de contido e de lingua, mais penso que podemos deixar uns días para que as efectúe ela mesma ou quen quixer. --Xoán Carlos Fraga 22:00, 28 febreiro 2010 (UTC)
Se o artigo "provén da súa experiencia persoal" compre borrado, Wikipedia non é fonte primaria. --HombreDHojalata conversa 22:15, 28 febreiro 2010 (UTC).
  • Podo imaxinar que, para alguén recén chegado, escribir isto non é cousa dun par de minutos. Imos deixar descansar o "delete" un tempiño, a ver se a compañeira remata a faena, que tamén ten dereito. Non hai que espantala, máis ben animala. Sexamos pedagóxicos cos que chegan, non é mellor wikipedista quen tarda menos en propor o borrado. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:13, 1 marzo 2010 (UTC)
  • Penso que a información que contén pode ser axeitada para un artigo de Galifontes, máis non para a Galipedia. --HombreDHojalata conversa 08:01, 1 marzo 2010 (UTC)

nome do artigo e remodelación[editar a fonte]

Penso que o artigo pode aproveitarse, pero debería moverse a modelación con pasta de papel, ou papel maché (así lle chaman na wiki en castelán). Eu, por "pasta de papel" (na wiki en castelán chámanlle pulpa de celulosa) entendo o material co que se fai o papel, pero este artigo trata dunha pasta feita con papel; non é o mesmo. Como o vedes? Ofrézome para wikificalo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:58, 1 marzo 2010 (UTC)

  • Quen traballa, manda, non din? Por min mételle man cando queias, Estevo. --Atobar (conversa comigo) 10:42, 1 marzo 2010 (UTC)