Conversa:Paio Gómez Chariño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿De onde sacamos "Pai"? No Diccionario dos Nomes é Paio a forma que desenvolve. Ademais, é a forma común en tódolos textos habidos e por haber. Tampouco teño moi claro o Chariño, e moito menos Charinho, pero aí non teño datos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:32, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Untitled[editar a fonte]

  • Para min sempre fora Paio, e polo que vexo por aí na rede, tamén. E o Chariño a min soábame como Chaíño, pero máis non sei. Vou mover a Paio e deixar redirección. --Atobar (conversa comigo) 01:23, 11 de novembro de 2011 (UTC)
    • Non coñezo o caso desta persoa en concreto, pero teño entendido que Pai é a forma abreviada de Paio, polo que sería correcta a forma Pai Gómez Chariño. --Servando2 (Dime) 01:43, 11 de novembro de 2011 (UTC)
Servando, refíreste a como Alejandro>Álex, Francisco>Fran? Daquela entendo que as dúas son correctas pero Paio é a que prevalece. --Atobar (conversa comigo) 01:48, 11 de novembro de 2011 (UTC)
Vén sendo algo así: A forma Paio sería a forma plena e Pai a forma "reducida", non teño a man agora a bibliografía sobre cando se empregaba unha e a outra. De todos xeitos no artigo creo que debe ir Paio--Servando2 (Dime) 08:33, 11 de novembro de 2011 (UTC)
Google Books
Variante resultados
"Pai Gómez Chariño" 92
"Paio Gómez Chariño" 4810
"Payo Gómez Chariño" 14600
"Pai Gómez Charinho" 248
"Paio Gómez Charinho" 63
"Payo Gómez Charinho" 73

--. HombreDHojalata.conversa 23:30, 18 de maio de 2012 (UTC)

Pero a procura non distingue entre a bibliografía en galego e en castelán, e iso é importante--Xián (conversa) 07:23, 19 de maio de 2012 (UTC)
Certo, por iso limiteime a expor algúns datos, sen entrar a valoralos en detalle. O que si é significativo é que as dúas enciclopedias en galego (que moitas veces discordan entre elas) neste caso empregan a mesma forma, que é moi diferente da escollida na Galipedia. --. HombreDHojalata.conversa 07:44, 19 de maio de 2012 (UTC)
En relación ao que di Servando, tampouco teño a bibliografía a man pero creo lembrar que Pai se tendía a utilizar ao empregalo co patronímico, así o nome era Paio pero cando se utilizaba co apelido (que na época eran todos patronímico) tendía a se abreviar na forma Pai, e é desta forma abreviada de onde procede o apelido Pais. --Xián (conversa) 07:47, 19 de maio de 2012 (UTC)