Conversa:Foramen magnum

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Na miña modesta opinión, o título deste artigo, Foramen magno, é inapropiado, por tratarse dun termo de etimoloxía híbrida (latín-galego) que debe evitarse sempre, de ser iso posíblel, na terminoloxía científica, e debería reemprazarse ben polo latinismo puro, Foramen magnum, como se fai noutros idiomas, como o inglés (lingua que non adapta os latinismos, e que ademias é no nome científico deste burato), ben pola forma plenamente galega Forame magno (ou, talvez, Grande burato, o Burato occipital). De momento, fixen as redireccións que se ven en azul. --XoioÉche o que hai 19:54, 8 de marzo de 2012 (UTC)

Son partidario de pasalo a foramenm magnum. En todo caso, Xoio, para a próxima agarda un chisco antes de facers as redireccións, porque se finalmente cómpre un cambio esa redireccións quedan inservibles e moitas veces esquecidas. É mellor esperar e facelo todo ben ao mesmo tempo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:02, 8 de marzo de 2012 (UTC)
  • Problema resolto. Xoio, os artigos cómpre movelos, non borralos e crealos con outro nome. O motivo é que debemos manter o historial. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:32, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Foramen magnum. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de febreiro de 2020 ás 02:53 (UTC)[responder]