Miguel II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel II e o seu fillo Teófilo

Miguel II, chamado Psello, "O tatexo" ou "O Amoriano", nado no ano 770 e finado no 829, reinou como emperador bizantino de 820 a 829.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Amorio en Frixia, comezou a súa carreira como soldado, pero grazas ao seu talento chegou a ascender ata o xeneralato.

Apoiara que o seu antigo compañeiro de armas fose nomeado emperador como León V o Armenio (813), pero, cando se descubriu que Miguel participara nunha conspiración contra este, foi condenado a morte en decembro de 820. Con todo, os seus partidarios tiveron éxito no asasinato do emperador León e sacaron a Miguel de prisión para colocalo no trono imperial como primeiro representante da dinastía amoriana.

O seu reinado caracterizouse por varios feitos: a loita contra o seu irmán Tomé, que tamén aspiraba ao trono (822-824); a conquista de Creta polos árabes en 823, e o comezo dos ataques musulmáns contra Sicilia (827).

Malia as súas simpatías iconoclastas, logrou conciliarse cos iconódulos (adoradores de imaxes), pero non puido evitar a hostilidade dos monxes por mor do seu segundo matrimonio con Eufrosine, filla de Constantino VI, que fora ordenada monxa anteriormente.


Imperio Bizantino

Segue a:
León V o Armenio
Miguel II
Precede a:
Teófilo
Dinastía Amoriana