Confinamento magnético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O confinamento magnético consiste en conter material en estado de plasma dentro dunha botella magnética, que é un campo magnético ao que se lle dá unha forma determinada para que as partículas positivas ou negativas que compoñen o plasma fiquen dentro da devandita botella. Isto acádase grazas á forza de Loretz, que di que unha partícula cargada que se move dentro dun campo magnético experimenta unha forza perpendicular ao vector do campo magnético e ao vector desprazamento, co que conseguimos que a partícula non abandone o campo.

O estado de plasma é un estado de agregación da materia no que a axitación térmica é capaz de vencer a atracción eléctrica que sufren os electróns polos núcleos atómicos.

O confinamento magnético é útil porque nos permite quentar materia a temperaturas ás que ningún recipiente material se mantería en estado sólido. Este fenómeno tamén se atopa na natureza nos chamados cinturóns de Van Allen que nos protexen do vento solar.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas