Condado de Võru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Võru maakond
Flag of Võru County
Coat of Arms of Võru County
Bandeira Escudo de armas
Capital Võru
Gobernador Ülo Tulik
Área 2,305 km²
Poboación ;- Densidade 38,967
16.9/km²
Location of Võru County

O Condado de Võru ou Võrumaa (estoniano Võru maakond ou Võrumaa), é un dos quince condados (maakond) da Estonia.

Índice

[editar] Xeografía

Suur Munamägi, con 318 m de altitude, é o punto máis alto da Estonia

O condado de Võru atópase no sudeste da república da Estonia, fai fronteira cos condados de Valga e Põlva, alén de ser parte sudeste da fronteira internacional da Estonia con Letonia e Rusia. O 2,9% do total da poboación da Estonia vive no condado de Võru. De todos os lagos registrados no país, 191 deles están localizados no condado (ese número só é superado polo viciño condado de Valga). O lago Rõuge Suurjärv (o maior lago do municipio rural de Rõuge) é o lago máis profundo da Estonia (38 metros). O condado de Võru é a fonte hidrográfica para os rios que seguen en dirección aos lagos Peipus e Pihkva, ao Golfo de Riga e ao lago Võrtsjärv. Deses ríos, o Piusa é o que presenta a maior amplitude da Estonia (208 metros). O máis longo rio estoniano, o Võhandu (162 km), tamén passa polo condado. O condado de Võru está todo localizado no planalto de Haanja. Hai 19 montañas con alturas por cima de 280 metros, incluindo o punto máis alto da Estonia e de toda a rexión Báltica, o Suur Munamägi, apesar de apenas ter unha altura de 318 metros por cima do nivel medio do mar.

[editar] Goberno rexional

O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.

[editar] Subdivisión administrativa

Concellos do condado de Võru

O condado divídese en 13 concellos: un urbano (en estoniano linn; outra cidade, Antsla, é parte dun concello rural) e 12 municipios rurais (en estoniano vald).

[editar] Concellos urbanos

[editar] Comuni rurali

[editar] Ligazóns externas

Võrumaa

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas