Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Condado de Tartu (en estoniano Tartu maakond) ou Tartumaa é o nome dun dos quince condados nos que está dividida administrativamente Estonia. Localízase ao leste de Estonia, e limita co Condado de Põlva, o Condado de Valla, o Condado de Viljandi e o Condado de Jõgeva. A área de Condado de Tartu é de 2.992,74 km², ou sexa, o 6,9% do territorio de Estonia. A poboación do condado é de 148.992 habitantes, que corresponde ao 11,0% da poboación de Estonia. A cidade de Tartu é o centro administrativo do condado, localizada a 186 km de Tallín.
[editar] Goberno rexional
O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
[editar] Subdivisión administrativa
O Condado de Tartu está dividido en 22 municipios: 3 urbanos e 19 rurais.
[editar] Concellos urbanos
Concellos do condado de Tartu
[editar] Concellos rurais