Como levar unha vida honesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Como levar unha vida honesta
Martiño de Dumio e o rei Miro.
Dataca. 570
Lugar de orixeReino de Galicia
Lingua(s)Latín
Autor(es)Martiño de Dumio
modificar datos en Wikidata ]

Como levar unha vida honesta ou, orixinalmente, Formula vitae honestae é un breve tratado, escrito cara ao ano 570, polo bispo Martiño de Dumio para a educación de Miro, rei de Galiza,

Características[editar | editar a fonte]

No texto, o bispo Martiño instrúe o rei mozo nas catro virtudes dun bo gobernante: a prudencia, a fortaleza, a temperanza e a xustiza. Collendo coma referencia textos de autores clásicos a obra converteuse nun recurso imprescindible na formación dos príncipes europeos da Idade Media. Consérvanse case setecentas copias latinas repartidas por todo o continente.

Libellus Martini episcopi ad Mironem regem gallitiensem de quatuor virtutibus id est prudentia, fortitudine, temperantia, iustitia.[1]

En 2023 o Consello da Cultura Galega publicou a tradución á lingua galega.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Unha das moitas copias, datada no ano 1544.
  1. A. Devlin, Rebecca; Gago, Manuel; López Carreira, Anselmo; López Pereira, Eduardo; López Silva, Xosé Antonio; Ranero Riestra, Laura; Sánchez Pardo, José Carlos (2023). Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia (1ª ed.). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-17802-53-0. 
  2. "Como levar unha vida honesta.". consellodacultura.gal. Consultado o 2023-03-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]