Code Lyoko: Il ritorno della Fenice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Code Lyoko: Il ritorno della Fenice (en galego, O retorno do fénix) é o terceiro libro da saga Código Lyoko, escrito por Jeremy Belpois (alias de Pierdomenico Baccalario). A súa lingua orixinal é o italiano. Saíu á venda o 21 de setembro do 2010 en España.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a conquista de XANA (Odd), Ulrich e Yumi empezan a notar algo raro nel, pero non sospeitan nada. Grigory Nictapoulus atopa o supercomputador ao descubrir que Jeremy levara a Eva-XANA á fábrica. Hannibal o Meigo, o cal se atopaba no deserto levando a cabo carreiras de cabalos, recibe a noticia de que Grigory atopou o supercomputador e vai a Francia. O grupo terrorista Green Phoenix apodérase da fábrica. Aelita, xunto aos pais de Yumi, Odd, Jeremy e Ulrich (destes dous últimos só o pai) deciden aventurarse a entrar no Mirror e ver o diario de Franz Hopper. Walter Stern, o pai de Ulrich, lembra a súa traizón a Hopper e sendo dos homes de negro, corta a corrente da Ermida deixando a columna-escáner fundida, atrapando a Odd-XANA e a Yumi dentro do Mirror. Eva-XANA e Ulrich van á Primeira Cidade para descubrir algo máis sobre a arma, pero quedan atrapados polo secuestro de Jeremy por parte do Green Phoenix. É enviado a Lyoko, xa que se un adulto se virtualiza máis dun minuto no mundo virtual queda paralizado, conmocionado e en coma para sempre, xa que adquiren unha aparencia horrorosa debido aos seus fallos nas súas vidas. O Green Phoenix obriga a Jeremy a abrir a ponte que une á Primeira Cidade con Lyoko e así activa a arma oculta da Cidade: o castelo escuro. Por outra banda, XANA, que xa sae dos dous corpos, descobre que non pode ter o seu poder ao 100% porque descobre que quere ser humano. Pide axuda a Aelita para selo pero, ao rexeitalo, únese ao Green Phoenix.

Esta historia ocorre nunha liña temporal paralela, onde a volta ao pasado non existe.

Personaxes novos[editar | editar a fonte]

  • Memory: Secretaria de Hannibal Meigo, 50 e tantos anos, rubia. Jeremy descobre que en realidade é Anthea, a nai de Aelita, á cal borran a memoria e transforman en Memory.
  • Maior Steinback: É a profesora Hertz, esta é a súa verdadeira identidade, a cal ocultou para asegurar a súa vida e a de Waldo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]