Coco Chanel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coco Chanel (1928)
Coco Chanel (1928)

Gabrielle Bonheur Chanel, máis coñecida coma Coco Chanel, nada en Saumur, País do Loira, o 19 de agosto de 1883 e finada en París o 10 de xaneiro de 1971, foi unha modista e deseñadora francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada o 18 de agosto de 1883 na vila francesa de Samur. Cando só tiña 12 anos, súa nai morreu e seu pai internouna, xunto coas súas dúas irmás, nun orfanato. Este afastamento encheu de soidade a vida de Gabrielle Bonheur Chanel. Aos 22 anos converteuse en cantante de cabaret e comeza a se inspirar para facer realidade o seu degoxo de ser modista.

Venda de chapeus[editar | editar a fonte]

No mundo do cabaret e das esmorgas Gabrielle Bonheur Chanel coñeceu moitos homes e converteuse en amante duns cantos. Cun destes homes marcha a París. Na capital francesa, polo ano 1909, abriu o seu primeiro establecemento. Era unha tenda de chapeus no Boulevard de Malesherbes, e púxolle o nome de Chanel Modes. Foi a primeira experiencia desta gran creadora do mundo da moda. Coñeceu artistas e escritores de gran renome.

Feminismo[editar | editar a fonte]

As creacións de Gabrielle Bonheur Chanel (Coco Chanel), ademais de ser deseños orixinais e cun gran toque distintivo, sempre tiveron o sino de facer a vida das mulleres máis doada. Daquela, unha muller que se adobiaba tiña que levar enfeites, grandes chapeus e corpiños moi cinguidos no van para facer resaltar o peito. Até non poderen alentar! Ela ceibounas de todo isto; puidendo levar ropa máis cómoda, liñas rectas e sinxelas que tamén eran ben elegantes.

Sóese considerar que a revolucionaria deseñadora foi a introdutora do costume de dar á pel a tonalidade do bronce -o bronceado- a mediados dos anos 20 cando, despois dunha xornada de navegación, decátase que o sol lle encourara a pel. Á noite, como habitualmente, foi o centro de atención dunha festa, onde compareceu cun vestido lixeiro que combinaba ostensiblemente co moreno da súa pel. Tomar p sol converteuse nunha das actividades estivais preferidas.[1]

Chanel Nº5[editar | editar a fonte]

Ademais de ser unha deseñadora revolucionaria da moda feminina, Gabrielle Bonheur Chanel (Coco Chanel) fixo unha exitosa incursión no mundo dos perfumes. Gabrielle Bonheur Chanel (Coco Chanel) encarregou un recendo especial e sofisticado ao creador Ernest Beaux. O perfumista fíxolle testar 10 probas que prepararara. Gabrielle Bonheur Chanel (Coco Chanel) quedou seducida pola que levaba o número 5, unha fórmula máxica que dende aquela non deixou de se vender en todo o mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]