Coador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
coador metálico

O coador ou coadoiro é un utensilio de cociña que emprega o concepto de criba ou filtro de alimentos co obxecto de escorrer. Na cociña emprégase un coador cando se quere separar un alimento líquido do seu caldo, por exemplo: ao cocer pasta emprégase un coador para separar a pasta (sólida) da súa salmoira de cocción (líquido), ao cocer as legumes, o arroz, etc. O material empregado adoita ser metálico (aluminio) ou plástico, algúns deles están elaborados dunha trama de finos fíos de aceiro, todos os coadores adoitan ter forma semi-esférica para recepcionar a maior cantidade de mestura. No bordo dos coadores adoita haber unha especie de ganchos para que se poida suxeitar nun cazo ou ola o contido separado. Existen coadores con forma cónica (chineses) empregados para separar os elementos de consistencia sólida (pebidas, sementes, etc) da parte máis caldosa.

É costume tradiccional elaborar o café fervido en auga e posteriormente separado cun coador de tea antes de ser servido, desta forma pódese atopar café no norte de España (café de pote). Algunhas persoas sosteñen que unha media é capaz de facer as funcións de coador con gran eficacia.

[editar] Características físicas

Un coador necesita de dúas características físicas para ser elixido nunha tarefa da cociña:

  1. O tamaño dos buracos da criba, que é moi importante na selección dos elementos a separar, xa que na súa función de filtro é importante saber que debe quedar sobre o coador.
  2. A superficie de coador, ou receptáculo da mestura importante para saber a cantidade a tratar.

[editar] Variantes

É moi frecuente atoparse diferentes tipos de coador nunha cociña, por exemplo un coador de té que adoita ter forma esférica en diferentes variantes e tamaños, o coador empregado nas infusións adoita ser semiesférico e similar ao empregado na separación da parte sólida e líquida de alimentos.

[editar] Usos non culinarios

Adóitase empregar unha variante co tamiz máis delicado (elaborado de seda) para cazar bolboretas así como peixes nun acuario.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas