Henri de Saint Simon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henri de Saint-Simon

Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon, nado en París o 17 de outubro de 1760 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1825 foi un filósofo, economista e teórico da sociedade industrializada nos seus inicios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É o fundador do saint-simonismo, as súas ideas tiveron unha posteridade e unha influencia sobre a maioría dos filósofos do século XIX. É o pensador da sociedade industrial francesa, cando estaba a suplantar o Antigo Réxime. O historiador André Piettre descríbeo coa fórmula: «O último xentilhome e o primeiro socialista». É o curmán afastado do duque de Saint-Simon, célebre memorialista na corte de Luís XIV e da Rexencia trala morte de Luís XIV.

Neno máis ben turbulento, Claude Henri de Rouvroy de Saint Simon recibiu da educación dun preceptor as ensinanzas de D'Alembert e Rousseau.

Adepto ás ideas novas, o novo aristócrata comprometeuse aos 17 anos no exército de liberación dos Estados Unidos ao lado do Marqués de La Fayette e do conde de Rochambeau. Durante a Revolución Francesa, abandonou a partícula de nobreza pasando ao nome de Saint-Simon, e enriqueceuse pola venda dos bens da Igrexa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henri de Saint Simon

Outros artigos[editar | editar a fonte]