Beseño, Touro
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha parroquia da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas parroquias da Coruña (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Beseño | |
|---|---|
| Concello | Touro |
| Área | 6,12 km² |
| Poboación | (ano 2004) 250 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 15 |
San Cristovo de Beseño é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Touro, na comarca de Arzúa, na provincia da Coruña, en Galiza; que conta cunha superficie de 6,12 km². Linda ao norte e leste con Arzúa, polo sur con Turces e polo oeste con Andeade e Quión. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 250 habitantes (128 homes e 122 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 259 habitantes. As dez poboacións son: Baiobre, Barrido, Beseño de Abaixo, Beseño de Arriba, Forte, A Igrexa, Murgás, Oca de Abaixo, Oca de Arriba, e Vilanova. Desta lista poderíanse debullar lugares como A Gordela, Maroxa, A Pena, Tarrío ou A Pica, famoso este último por ter as mans dun compoñedor chamado Xaquín.
Índice |
[editar] Historia
A parroquia de Beseño pertencía antes á xurisdición de Budiño, na desaparecida provincia de Santiago, e ao concello do Pino. Despois, Sabela II, en 1835, crearía o concello de Touro.
[editar] Ríos e montes
Beseño atópase cheo de regatos. O máis importante é o río Beseño, que logo perde o seu nome para collelo de Merés (Turces e finaliza sendo un afluente do río Lañas (Quión). Mais tódalas augas rematan no río Ulla.
É unha parroquia chan onde abundan as agras para uso agrícola, existindo pouso masa forestal, concentrada no monte de Vilanova, lindando con Andeade, o monte da Estrapuza, entre Barrido e o Forte.
[editar] Turismo rural
Conta cunha única casa de turismo rural, un edificio do século XVI, hoxe arranxado, que se chama A Pena de Augasantas.
[editar] Cultura
Entre o froito musical, conta cunha banda de gaitas chamada A Esmorga. Tamén existe unha asociación de veciños no termo parroquial.
Para a práctica deportiva áchase unha pista polideportiva rubia de 40 m x 20 m de formigón puído nun dos campos de festa.
O mellor campo de lecer é o de Baiobre, entre un souto ao lado dunha capela e unha fonte, lugar belo onde comezan as celebracións estivais particulares da parroquia, a primeiros de xullo coa Santa Sabela. Outros festexos son a Festa da Xuventude, no último domingo de abril; o San Cristovo, os últimos non feirados de xullo; e a Augasantas en Oca de Abaixo en agosto.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Beseño
| Lugares da parroquia de Beseño no concello de Touro (A Coruña) | |
|---|---|
|
Baiobre | Barrido | Beseño de Abaixo | Beseño de Arriba | Forte | A Igrexa | Murgás | Oca de Abaixo | Oca de Arriba | Vilanova | A Gordela | Maroxa | A Pena | Tarrío | A Pica |