Cimbra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cimbra de madeira
Proceso de cimbrado na construción dunha bóveda romana.

A cimbra é unha estrutura auxiliar que serve para soportar provisionalmente o peso dun arco ou bóveda, así como doutras obras de cantería, durante a fase de construción. Adoita ser unha cercha de madeira. Esta estrutura, unha vez ensambladas as doelas e a doela clave, desmóntase nunha operación denominada descimbrado.

Características[editar | editar a fonte]

Durante o proceso de construción de arcos e bóvedas, utilízanse para suxeitar as doelas até o momento do seu remate, momento no que se coloca a clave.

Tamén se denomina cimbra á curvatura interior (ou intradorso) dun arco ou dunha bóveda. Na construción e deseño de arcos adoita evitarse o seu uso debido ao aumento do custo da súa construción. Normalmente encárgase a carpinteiros especializados

Nalgúns países de fala hispana de América tamén se utiliza o termo cimbra para designar os encofrados, pola semellanza de funcións con estes e, especialmente, cando se trata de estruturas auxiliares de grandes arcos de formigón en pontes.

Tipos de cimbra[editar | editar a fonte]

  • Cimbra corrediza. A que se corre cambiándoa de sitio.
  • Cimbra de tendido. A empregada nas galerías de mina formada por unha camada horizontal de estemples sobre os cales se colocan os cascallos.
  • Cimbra fixa. A que ten un ou máis apoios no espazo ou cravo que hai entre os estribos ou pilas da bóveda.
  • Cimbra mixta. A que sendo na súa forma ou armazón xeral recollida, recibe logo os puntos de apoio intermedios aos contrafortes como as fixas.
  • Cimbra peraltada. Aquela cuxo eixo é superior á metade da corda do arco que a forma.
  • Cimbra rebaixada. Aquela en que a altura do eixo é menor que a metade da corda do arco.
  • Cimbra flexible ou recollida. A que non ten apoio algún intermedio e só vai a apoiada nas fábricas dos contrafortes ou piares.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]