Christian Dior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Christian Dior, nado en Granville o 21 de xaneiro de 1905 e finado en Montecatini (Italia) o 24 de outubro de 1957, foi un deseñador de moda francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Christian Dior foi educado polo servizo diplomático na École deas Sciences Politiques de París. Logo, comezou a traballar na industria da moda. Dior fixo bocetos para Robert Piguet, o gran deseñador parisiense da época.

En 1946, apoiado polo magnate téxtil (Marcel Boussac, o "rei do algodón"), estableceu o seu principal casa de costura en París. En vinte anos expandió o seu negocio a 15 países e empregaba a máis de 2.000 persoas.

Dior é especialmente coñecido polo estilo "New Look" de 1947 (sobrenome dado por unha xornalista americana): ombreiros torneados, cintura fina cunha saia ampla en forma de corola a vinte centímetros do chan. Os seus modelos representan a elegancia clásica, dando valor a unha imaxe feminina. Despois da súa morte, a casa Dior continuou con outros deseñadores, Yves Saint Laurent, Marc Bohan, Gianfranco Ferré e John Galliano.