Yves Saint Laurent

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Tenda Yves Saint Laurent en Portugal por Christophe Moustier, 1996

Yves Mathieu-Saint-Laurent, nado en Orán, Alxeria, o 1 de agosto de 1936, e falecido o 1 de xuño de 2008 en París, foi un deseñador de moda francés, fundador da marca de roupa de alta costura homónima.

Índice

[editar] Traxectoria

Con 18 anos entrou a traballar na sinatura Christian Dior, onde substituíu ao propio Dior á fronte da súa sinatura dous anos despois, converténdose no modista máis mozo da alta costura francesa. A súa carreira na sinatura Dior concluíu no ano 1960 cando foi chamado para cumprir co servizo militar francés.

En 1962 finalizou as súas obrigas coa milicia, e ao volver a París descobre que a casa Dior substituíralle por Marc Bohan, deseñador que se achegaba máis ao estilo ladylike que se buscaba. Saint-Laurent demandou á empresa por danos morais coa axuda do seu amigo Pierre Bergé, e co diñeiro recibido, mailo do empresario estadounidense Mack Robinson, creou a súa propia casa de costura. A primeira colección, Ligne Trapéze, dese mesmo ano, convértese nun éxito instantáneo.

As súas coleccións nos anos 60 salientan pola incorporación do smoking ao vestiario actual e a innovación en prét-a-porter feminino. Deseña decorados e vestiario para films e obras como Cyrano de Bergerac e A Pantera Rosa, e converte a Catherine Deneuve en icono de estilo e musa persoal.

A súa afección á arte lévalle a homenaxear a mestres como Piet Mondrian, Picasso e Braque, con vestidos que reproducen os seus motivos. Unha exposición en A Coruña (febreiro de 2008) ilustraba esta influencia no seu traballo, reunindo os seus deseños xunto con obras de arte que inspiráronos.

Saint Laurent e Bergé reuniron unha importante colección de arte, ata que en data recente declararon que «cos prezos actuais, xa non podemos seguir comprando».

Cabe destacar que a imaxe e o logotipo da empresa encargouse o deseñador gráfico francés Cassandre, en uso hoxe en día.

[editar] Logros

Pasou á historia como o primeiro deseñador de moda que expuxo nun museo, o Metropolitan Museum de Nova York. Anunciou a súa retirada do deseño en xaneiro de 2002.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais