Chicharrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chicharrón
OrixeCarballo, Galicia Galicia
Período2013-presente
Xénero(s)indie rock
Selo(s) discográfico(s)Prenom, Ferror Records
MembrosAlberto M. Vecino
Rosalía Fernández Rial
Mara Pérez
Antigos membrosDiego Gende
Rubén Domínguez
Mar Catarina
Xurxo Meis
Na rede
Facebook: chicharrons Bandcamp: chicharron Editar o valor em Wikidata

Chicharrón é unha banda galega de indie rock baseada en Carballo formada no ano 2013. Ata a data leva publicados seis álbums de estudio.

Historia[editar | editar a fonte]

Chicharrón naceu no ano 2013 tras a separación de Franc3s, cando o seu vocalista e guitarrista Alberto M. Vecino decidiu crear un poxecto máis experimental con Alberto Gende. Pouco despois Gende morreu e Vecino contactou co seu irmán, o guitarrista Diego Gende (Lowcost), e con Rubén Domínguez, cuxa banda Telephones Rouges se separar tamén pouco antes, e os tres reiniciaron o novo proxecto.[1][2]

En xuño de 2014 publicaron o seu primeiro álbum, Chicharrón, a través do colectivo artístico Prenom. O disco gravouse no mes de marzo no estudio A Ponte de Tomás Ageitos, que participou tocando a batería, na parroquia compostelá de Villestro.[2][3]

Posteriormente ingresaron a teclista Mar Catarina (Esposa) e o batería Xurxo Meis, cambiando Rubén Domínguez os teclados polo baixo. Con esta formación a banda gravou o seu segundo traballo, Postal, escrito totalmente en galego.[2] O álbum foi publicado en marzo de 2016 por Prenom e foi novamente gravado no estudio A Ponte, coa masterización realizada no estudio Terraforma no Hío, Cangas.[4]

No ano 2017 Chicharrón publicou dous sinxelos. O primeiro foi "Contra acantilados", lanzado no mes de marzo e xa coa voz de Mara Pérez, nova integrante da banda.[5] A canción aparece na banda sonora do filme de Anxos Fazáns A estación violenta.[6] E o segundo sinxelo, editado no mes de setembro, foi "Na cela", un poema de Antía Otero do seu libro O cuarto das abellas.[7]

En agosto de 2018 o grupo comezou a gravar o seu terceiro disco bautizado como Cancións clínicas.[8] O álbum foi gravado no Estudio Terraforma por Ibán Pérez coa produción de Rubén Domínguez, e publicado a través de Prenom o 9 de novembro dese ano.[9]

A meirande parte do seu cuarto álbum de estudio, Unha fogueira intacta, gravouse novamente no Estudio Terraforma en setembro de 2022. Outras partes graváronse entre Carballo, Vigo, San Vicente e Madrid en distintos momentos de 2019 e 2020. O traballo apareceu o 7 de abril de 2021 a través de Ferror Records.[10]

A banda compuxo os temas para un novo traballo entre outubro e decembro do ano 2021. Erosión gravouse no seu local de ensaio en Carballo en xaneiro de 2022, agás as baterías que se gravaron no Grove. O álbum foi editado a través do selo Ferror Records o 1 de marzo de 2022.[11]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Chicharrón 2014 Prenom
Postal 2016 Prenom
Cancións clínicas 2018 Prenom
Unha fogueira intacta 2021 Ferror Records
Erosión 2022 Ferror Records
O que nos queda por non dicir 2023 Ferror Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista a Chicharrón". Rockdelux. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Chicharrón". La Fonoteca. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  3. "Chicharrón by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  4. "Postal by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  5. "Contra acantilados by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  6. "Hoxe estréase nos cines A Estación Violenta". Facebook. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  7. "Na cela by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  8. "Comezamos a gravar " Cancións clínicas", o noso novo disco". Facebook. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  9. "Cancións Clínicas by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 13 de novembro de 2018. 
  10. "Unha fogueira intacta, by Chicharrón". Chicharrón (en inglés). Consultado o 2022-03-01. 
  11. "Erosión, by Chicharrón". Chicharrón (en inglés). Consultado o 2022-03-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]