A estación violenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata do libro, para o filme homónimo véxase: A estación violenta (filme)

A estación violenta
Autor/aManuel Jabois
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Morgante
Data de pub.novembro 2008
Formatoedición rústica cosida a fío
Páxinas168
ISBN978-84-9364-601-1
editar datos en Wikidata ]

A estación violenta é unha novela de Manuel Jabois, publicada por Edicións Morgante en 2008.

Trama[editar | editar a fonte]

A obra está protagonizada por tres personaxes (o narrador, David e Claudia), compañeiros de facultade na Universidade de Santiago de Compostela. Os tres proceden de familias burguesas, pero nin tiveron especial interese en rematar a carreira, nin teñen especial interese en conseguir un traballo. Os tres teñen unha boa formación cultural, falando decote de cinema, literatura, e mesmo de teoloxía e mitoloxía. Logo de anos sen verse volven atoparse, e retomar vivencias comúns.

David e Claudia están casados, pero non manteñen unha relación de matrimonio. Ela sofre adicción á heroína e trastornos psicolóxicos, e el coida dela. Viviron un tempo en París e en Italia, e regresaron a Compostela polo seu mal estado de saúde. Visto que lle queda pouco de vida, David intenta que Claudia teña unha existencia digna e feliz. Consegue unha casa na costa, en Sanxenxo. Alí, xunto con Daniela, a irmá de David de 17 anos, recordan amores e vivencias, proxectos futuros vixentes e inalcanzables.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra ten narrador en primeira persoa, e conta con bastantes diálogos.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

En 2015 estaba a levarse a cabo unha adaptación cinematográfica, dirixida por Anxos Fazáns e producida por Daniel Froiz a través de Matriuska,[1] que foi estreada no 2017 baixo o título A estación violenta.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]