Chelsea Charms

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChelsea Charms

Chelsea Charms en maio do 2011.
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1976 (48 anos)
Twin Cities, Minnesota
Datos persoais
Outros nomesChelsea Charms
Queen of Big Boobs
The Woman With the Largest Breasts in the World Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidade estadounidense
Altura157 cm Editar o valor em Wikidata
Peso54 kg Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosGreen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCastanho-claro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPorno softcore e big bust pornography (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
OcupaciónModelo erótica
Período de actividade1999 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webchelseacharms.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0153348 Facebook: ChelseaCharmsPages Twitter: chelseacharmsx Instagram: therealchelseacharms Editar o valor em Wikidata

Chelsea Charms é unha modelo erótica estadounidense, referente do movemento das big-bust models ou modelos de grandes peitos debido ao grande tamaño que acadou. Ela mesma se designa como "a muller cos maiores peitos do mundo".[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Chelsea Charms[2] naceu o 7 de marzo de 1976[3] na cidade de Minneapolis-Saint Paul, no estado norteamericano de Minnesota.

En 1999 decidiu probar sorte no mundo do erotismo e comezou a actuar en locais de striptease. Logo decidiría operarse para tentar abrir novas portas na súa carreira profesional, inspirada por modelos como Traci Topps e Sarenna Lee[4]. Aínda que contaba xa de modo natural cunha copa D[4], Chelsea Charms someteuse a tres aumentos de peito. Nas dúas primeiras operacións usou implantes de soro salino que a levaron até unha copa E primeiro e unha HH despois. A terceira operación resultou ser a máis controvertida, xa empregou implantes de polipropileno, que foron posteriormente prohibidos debido aos seus riscos para a saúde. O volume inicial instalado desta fibra foi de 2500 cc,[4] mais debido ao seu funcionamento, irritando os tecidos da mama, a fibra provoca que o peito xere un fluído que fai aumentar o seu temaño de maneira constante, aproximadamnte 25 milímetros por mes. Por mor disto, ten que someterse periodicamente a drenaxes para manter un tamaño estábel.

No ano 2005 presentouse na AVN Adult Entertainment Expo con 10000 cc. por peito. Ao ano seguinte volveu acudir ao mesmo festival cun volume de 11.000 cc. e ao seguinte ano chegou aos 12.000 cc. por mama. Porén, acadou o seu maior tamaño no festival Kamasutrabeurs de Holanda, onde chegou aos 13.600cc (1.85 cm. de contorno).

Segundo Chelsea ten revelado en múltiples entrevistas[5], cada un dos seus peitos pesa arredor de 18 quilogramos, polo que precisa de facer exercicio diariamente para evitar problemas nas costas, sendo consciente de que nalgún momento da súa vida tera que tiralos.

Carreira[editar | editar a fonte]

Chelsea publica periodicamente contidos no seu portal de Internet para os seguidores subscritos. Alén diso, apareceu nas portadas das revistas Buxotica, The Score Group[6], Hustler Busty Beauties[7] e outras revistas para adultos especializadas nas modelos de peitos grandes. Ela tamén figura en multitude de sitios web para adultos e en imaxes de Internet, e é unha das modelos máis destacadas e populares de Photoclubs.com. Ademais, e debido a súa sona mundial, é convidada e diferentes eventos arredor do mundo como os realizados en Nova Zelandia ou Holanda[8], así como varias xiras polos Estados Unidos.

O artista británico Marc Quinn esculpiu unha estatua a tamaño natural de Chelsea Charms no 2010 co gallo dunha exposición sobre persoas que manipularon o seu corpo[9].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]