Chanakya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Chānakya (sánscrito: चाणक्य Cāṇakya támil: சாணக்கியன் Cāṇakiyan ) (c. 350–283 a.C.) foi un conselleiro do primeiro emperador maurya Chandragupta (c. 340–293 a.C.), e foi o arquitecto principal do seu ascenso ao poder. Kautilya e Vishnugupta, os nomes polos que os tratados políticos da Antiga India chamaron ao autor do Arthaśāstra, son atribuídos tradicionalmente a Chanakya.[1] Chanakya foi considerado o pioneiro no eido da economía e ciencia política.[2][3][4][5] No mundo occidental, denomínaselle o Maquiavelo indio, aínda que os traballos de Chanakya preceden aos de Maquiavelo en arredor de 1.800 anos.[6] Chanakya foi profesor no Takṣaśila, un antigo centro de ensino, e foi o responsable da creación do Imperio Maurya, o primeiro da súa clase no subcontinente indio. Os seus traballos perdéronse preto do remate da dinastía Gupta e non foron redescubertos ata 1915.[3]

Notas [editar]

  1. [1] Journal of the American Oriental Society, vol. 84 (2), p. 162–169, American Oriental Society, ISSN 0003-0279
  2. L. K. Jha, K. N. Jha (1998), Chanakya: the pioneer economist of the world, International Journal of Social Economics, vol. 25 (2-4), p. 267–282.
  3. 3,0 3,1 Waldauer, C., Zahka, W.J. and Pal, S. 1996. Kautilya's Arthashastra: A neglected precursor to classical economics, Indian Economic Review, Vol. XXXI, No. 1, pp. 101-108.
  4. Tisdell, C. 2003. A Western perspective of Kautilya's Arthasastra: does it provide a basis for economic science? Economic Theory, Applications and Issues Working Paper No. 18. Brisbane: School of Economics, The University of Queensland.
  5. Sihag, B.S. 2007. Kautilya on institutions, governance, knowledge, ethics and prosperity. Humanomics 23 (1): 5-28.
  6. Herbert H. Gowen (1929). "The Indian Machiavelli" and in a much more conventional world.or Political Theory in India Two Thousand Years Ago, Political Science Quarterly 44 (2), p. 173–192.