Cequeril, Cuntis
| Cequeril | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Concello | Cuntis |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2004) 225 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 |
Santa María Cequeril é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 225 habitantes (126 mulleres e 99 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.
Índice |
[editar] Patrimonio arqueolóxico
No termo parroquial atópanse cinco estacións arqueolóxicas con distintos petróglifos, descritos por Sorbrino Buhígas nos anos 20 do pasado século:
- Laxe dos Homes: dúas figuras antropomórficas, identificadas por Alfredo García Alén e Antonio de la Peña como masculina e feminina: esta máis completa e dotada de brazos e o que semellan uns cornos na cabeza.
- Laxe dos Gatos: outras dúas figuras antropomórficas, máis esquemáticas e co corpo arredondado, e unha delas co que semella un rabo (ó que debe o nome dos gatos). Tanto estas figuras como as da estación anterior mostran unha cabeza circular que inscribe unha cruz.
- Outeiro dos Campiños: combinacións de figuras circulares e cruciformes, con círculos e cazoletas.
- Outeiro do Casal: con figuras semellantes á estación anterior.
- Outeiro do Galiñeiro: nunha masa rochosa alta, mostra na parede vertical unha densa agrupación de debuxos cruciformes inscritos en rectángulos e cadrados.
Os arqueólogos dubidan do carácter prehistórico dos petróglifos das estacións 1, 2 e 5, non só polos motivos debuxados, que non se corresponden coa iconografía propia dos petróglifos, senón pola sección en V das liñas, o que fai pensar nun instrumento metálico e aguzado, no canto da sección en U característica dos orixinais. Igualmente, os deseños cruciformes da estación nº 3 semellan ser da Idade Media, labrados nun intento de cristianizar antigos espazos pagáns, á vez que se profundaron e modificaron algunhas das liñas orixinais. En calquera caso, parece seguro que estas modificacións aproveitaran insculturas prehistóricas.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cequeril, Cuntis.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Cequeril
| Lugares da parroquia de Cequeril no concello de Cuntis (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Agro do Monte | Cequeril | Corga de Abaixo | Corga de Arriba | A Cruz | A Igrexa | Mato | A Penela | Sebil | Vilar de Mato |
[editar] Parroquias de Cuntis
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cuntis | |
|---|---|
|
Arcos (San Breixo) | Cequeril (Santa María) | Couselo (San Miguel) | Cuntis (Santa María) | Estacas (San Fiz) | Piñeiro (San Mamede) | Portela (Santa Eulalia) | Troáns (Santa María) |
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- GARCÍA ALÉN, Alfredo e DE LA PEÑA SANTOS, Antonio: Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1981.