Cenk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cenk

Información
Orixe Lausanne, Suíza
Período 2003-
Xénero(s) Rock
Selo(s) discográfico(s)
Membros JYC, Fab, Soko, Nico e Xurxx
Antigos membros Markass, Dédé, Sivan, Sarah
Web oficial web do grupo


Cenk é un grupo de rock-folk formado no ambiente universitario da cidade de Lausanne, Suíza.

Índice

[editar] Traxectoria

Tras un ano cambiando membros e tratando de compoñer temas, o grupo dá o seu primeiro concerto a mediados do 2004 con tres membros (Fab, Soko e Xurxx) acompañados dunha caixa de ritmos. Tras atopar un batería (Nico), Cenk grava unha maqueta ao vivo e dá unha serie de concertos por Suíza.

A finais do 2005, trala chegada dun novo guitarrista (Mrkass), o grupo grava unha nova maqueta, Canari Esquimau de Nonante Kilos, que lles permitirá gañar o calificativo de terceira banda rock suíza máis prometedora do ano segundo a revista Realrocker.

No 2006, realízase a xira Galiza Calling na que o grupo dará os seus primeiros concertos fora da Confederación Helvética, achegándose a Galicia durante o verán. A finais de ano, Markass deixa a banda. Chega entón JYC (guitarra e saxofóns).

No 2007 o grupo participa no disco recompilatorio 120 capadores, de homenaxe ós Diplomáticos de Monte-Alto, interpretando o tema "Antuerpe".

[editar] Estilo e membros

O estilo do grupo autodenominouse "ska-punk celta" tras inspirarse en bandas galegas coma O Jarbanzo Negro, Os Papaqueixos, Os Diplomáticos de Monte-Alto ou bandas estranxeiras como The Real McKenzies, Dropkick Murphys ou Flogging Molly.

Os membros actuais do grupo son na actualidade Nico (bateria e coros), JYC (guitarras, saxofóns e coros), Fab (baixo e coros), Soko (guitarra e coros) e Xurxx (frautas, gaita, teclados, electrónica e voz).

[editar] Discografía

  1. "Lost my veste"
  2. "Berbés"
  3. "Immer verspät"
  4. "Vox populi"
  5. "Le chien du voisin"

[editar] Compilatorios

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas