Cedi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cedi
Cedi2.jpg
Código: GHS
Ámbito: Flag of Ghana.svg Gana
Símbolo: GH₵, tamén con frecuencia GH¢
Gp (símbolo da pesewa)
Fracción: 100 pesewa
Moedas: 1, 5, 10, 20 e 50 pesewa
1 GHS
Billetes: 1, 5, 10, 20 e 50 GHS
Emisor: Banco de Gana
Taxa de troco:
27-04-2011
1 EUR = 228,2294 GHS
1 USD = 154,47 GHS
Troco actual

O cedi é a moeda de curso legal de Gana. O seu código ISO 4217 é GHS. A palabra cedi deriva da palabra akán que definía a un tipo de cunchas empregadas antigamente como moeda, e a palabra pesewa da akán pésewabo, unhas sementes que tamén se empregaban como unidades de conta. O cedi foi introducido o 3 de xullo do 2007 e é igual a 10.000 vellos cedis. Foi a unidade monetaria de valor máis alto dos países africanos no 2007. Un cedi divídese en 100 pesewas (Gp), aínda que a inflación fixo que desapareceran as moedas fraccionarias.

Índice

[editar] Historia

O cedi apareceu en 1965 en sustitución da libra ghanesa a razón de 2,4 cedis por libra ou, o que era o mesmo, 1 pesewa = 1 penique. Este primeiro cedi sustituíuse por outra moeda, tamén chamada cedi en 1967. O novo cedi valía 1,2 antigos cedis, co cal a conversión de libras a cedis facíase máis sinxela (2 nuevos cedis por libra).

Nos anos '70, 1 cedi equivalía a 1 dólar. En 1983, o troco baixara xa a 90 cedis por dólar, e en 1993, a 720 cedis por dólar. No 2005, a taxa de troco evolucionou desfavorablemente ata máis de 9.000 cedis por dólar. Con esta taxa de troco, e segundo datos de Agosto do 2005, o cedi era a sexta moeda de valor máis baixo do mundo.

[editar] O novo cedi

A causa da gran inflación dos últimos anos, en Xullo do 2007 puxéronse en circulación os novos billetes e moedas emitidos na nova divisa, o Nuevo Cedi (GH¢). 1 Novo Cedi = 10.000 antigos, e cada un deles se dividía en 100 Pesewas. De xeito que o troco dun Novo Cedi por 1 Dólar USA a Decembro do 2006 era de 0,92 GHc ou 92 Pesewas.

[editar] Moedas e billetes

O Banco de Gana emite moedas de 1, 5, 10, 20 e 50 pesewas e 1 Novo Cedi, así como billetes con denominacións de 1, 5, 10, 20 e 50 cedis.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas