Castelo de Peñaranda de Duero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Peñaranda de Duero
ben de interese cultural
ConcelloPeñaranda de Duero
ProvinciaBurgos
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°41′24″N 3°28′53″O / 41.69, -3.48138889Coordenadas: 41°41′24″N 3°28′53″O / 41.69, -3.48138889
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século X-XIV)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Peñaranda de Duero é unha fortaleza situada sobre un outeiro das proximidades do núcleo burgalés de Peñaranda de Duero.

A súa primeira construción data do século XI, co fin de frear o avance árabe, e facilitar a súa expulsión da península durante a Reconquista. A construción seguiu o deseño do Castelo de Peñafiel.

No centro, sobresae a torre da homenaxe, de planta cadrada, que conta con catro pisos de vigas de madeira[1]. A antiga muralla, da que se conservan escasos paramentos, tiña un gran grosor, e protexía o castelo e o casarío actual.

Da construción, o aspecto máis interesante é a perfección das súas proporcións, o cal converte o Castelo de Peñaranda nunha das mellores construcións históricas da provincia de Burgos.

O 3 de xuño de 1931 o conxunto formado polo Castelo, o Pazo de Abeledo, e a propia vila de Peñaranda de Duero, foi declarado Monumento Histórico Artístico, sendo un dos lugares de maior interese turístico de Burgos. Posteriormente o castelo foi protexido polo Decreto do 22 de abril de 1949 e a Lei 16/1985 sobre patrimonio histórico español.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 02 de febreiro de 2015.