Castañeiras, Valboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Castañeiras é unha localidade do municipio leonés de Valboa, pertencente á bisbarra tradicional do Bierzo. Situado case no Porto do Portelo, xunto á provincia de Lugo. As localidades máis próximas son Comeal (deshabitado), Paraxís (1,4 km) e Vilanova (1,4 km).

Castañeiras era coñecida por unha lenda (como moitas similares no Bierzo) que falaba dun "xugo de ouro" enterrado nas proximidades, relacionada cos mouros e os seus tesouros (os mouros non eran tales, senón un tipo de seres lendarios) e o lugar onde vivían: "A Cortiña dos mouros".