Carmen Temprano Salorio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1926 Sada, España |
Morte | 5 de marzo de 1949 (22 anos) Zas, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Carmen Temprano Salorio, coñecida polo alcume A moza,[1] nada en Sada o 11 de novembro de 1926 e finada en Zas (Negreira) o 5 de marzo de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Botouse ao monte no verán de 1948 ao ser descuberta a relación que mantiña con José María Castelo Mosquera. Integrante do grupo de Juan Couto Sanjurjo "Simeón". Foi ferida en Beldoña (Abegondo) nun tiroteo coa Garda Civil na mesma noite na que ardeu a Casa do Concello de Abegondo (21 de xullo de 1948) despois dun incendio provocado. Vestía con roupa masculina. Morreu ao fuxir logo de que a Garda Civil descubrise o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira).
Os seus restos mortais foron localizados nunha fosa común á beira da Igrexa de Santa María de Páramos en outubro de 2016.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Malvido, Gemma (11 de xuño de 2012). "Las mujeres que se llevó la guerra". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ "Encuentran los cuerpos de cuatro guerrilleros de la resistencia antifranquista". El Plural (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 462–464. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Proxecto Nomes e Voces (2012). A represión franquista na comarca da Coruña. A Coruña: Laiovento. ISBN 9788484872184. OCLC 798054519.