Carly Simon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carly Simon
Carly Simon (1989).jpg
Nome completo Carly Elisabeth Simon
Naceu 25 de xuño de 1945
Orixe Nova York Flag of the United States.svg
Ocupación (s) cantante
Xénero pop, rock
Tempo en activo 1964 - presente

Carly Elisabeth Simon, nada en Nova York o 25 de xuño de 1945, é unha cantante estadounidense. Foi unha das artistas chamadas "confesionais", polo seu estilo musical e as súas letras biográficas, máis populares dos anos 70 e 80.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

O seu pai, Richard Simon, foi cofundador da editorial Simon and Schuster. A comezos da década de 1960 formou un dúo chamado The Simon Sisters xunto coa súa irmá, Lucy, que se presentou inicialmente nos bares de Greenwich Village, en Nova York. Gravaron dous LP, un de folk bastante suave e outro con cancións para nenos. Soamente tiveron un sinxelo que estivo fugazmente nas listas en abril de 1964: "Winkin' Blinkin' and Nod".

Carreira[editar | editar a fonte]

As irmás separáronse a finais dos 60 e Carly Simon decidiu empezar unha carreira como solista folk. Púxose en contacto con Albert Grossman, quen para entón era o representante de Bob Dylan. Desafortunadamente, o intento non prosperou.

Diferentes produtores e executivos coñecían os seus dotes vocais pero non sabían que facer con ela, como encaixala no negocio e, dunha forma natural, decidiu dedicarse á composición xunto ao crítico de cine Jacob Brackman.

Da man do selo Elektra as cousas empezaron a funcionar mellor e, en 1971, dúas das súas cancións, "That's The Way I've Always Heard It Should Be" e "Anticipation", convertéronse en éxitos dentro de Estados Unidos. A primeira viña no seu primeiro disco, chamado Carly Simon, mentres que a segunda deulle título ao seu segundo LP. Fixo a súa aparición na película do mesmo ano Taking Off (Mocidade sen esperanza).

Coas cousas nun terreo máis positivo, Carly Simon axudouse co talento do produtor Richard Perry para producir o seu terceiro LP. Nel incluíu a súa canción máis famosa: "You’re So Vain", da que se di fala de Warren Beatty e/ou Mick Jagger, que ademais canta nesa canción. Aínda hoxe, en todas as entrevistas que se lle fan a Carly Simon pregúntaselle sobre quen é o dedicado e a resposta sempre é unha evasiva que simplemente tende a enredar máis a cuestión.

A canción vendeu máis dun millón de copias en 1972 e a inicios dos anos 90 volveuse a lanzar en Gran Bretaña logo de que saíse nun comercial de televisión.

No Secrets, o seu terceiro longa duración, é por lonxe o seu traballo máis recoñecido e nel inclúese moito do mellor material da súa carreira, entre eles "The Right Thing To Do" que chegou ao top 40. A calidade do disco valeulle o Grammy por ser a mellor artista nova do ano.