Carlos Javier Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Javier
Información persoal
Nome Carlos Javier Rodríguez
Nacemento 19 de xaneiro de 1992
Lugar de nacemento Santa Cruz de Tenerife
Altura 1,84 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Tarazona
Número 22
Carreira xuvenil
Calatorao
Amistad
2005–2010 Zaragoza
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2015 Deportivo Aragón 72 (2)
2010–2011 Ejea 0 (0)
2012–2013 Andorra
2014 Zaragoza 1 (0)
2015–2016 Ebro 13 (0)
2016–2021 Tarazona 87 (1)
2021–2023 Teruel 64 (0)
2023– Tarazona 9 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Carlos Javier Rodríguez, nado en Santa Cruz de Tenerife o 19 de xaneiro de 1992, é un futbolista español . Xoga como lateral dereito no Tarazona, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Tenerife e criado na localidade aragonesa de Calatorao, pasou polas canteiras do Club Deportivo Calatorao e da Unión Deportiva Amistad, antes e recalar en idade infantil no Real Zaragoza.[1][2]

Rematada a súa etapa como xuvenil, foi cedido ao Ejea, pero unha lesión na pretemporada impediulle debutar co equipo das Cinco Villas. Para a tempada seguinte regresou ao Zaragoza para xogar no filial, o Deportivo Aragón, co que debutou na Segunda DIvisión B. Con todo, sufriu unha nova lesión e só puido disputar dez partidos ao longo da tempada. No verán de 2012 fichou polo Andorra de Teruel onde callou unha gran tempada, o que lle permitiu volver á disciplina zaragocista.[3]

Sendo un dos fixos do filial, entrou en varias convocatorias do primeiro equipo do Zaragoza, co que finalmente debutou o 30 de marzo de 2014, nun partido da Segunda División contra o Alavés en Mendizorroza, substituíndo na segunda parte a José Javier Barkero.[4]

No verán de 2015 desvencellouse do Zaragoza e fichou polo Ebro, de Segunda B, no que xogou unha tempada. A continuación pasou ao Tarazona, da Terceira División,[5] no que militou durante os seguintes catro anos e medio, logrando un ascenso a Segunda B na tempada 2019/20. En xaneiro de 2021 fichou polo Teruel,[6] co que un ano e medio despois se proclamou campión do Grupo III da Segunda División RFEF, sendo un dos xogadores do equipo con máis partidos disputados.

En xullo de 2023 anunciouse o seu regreso ao Tarazona, que viña de ascender tamén á Primeira División RFEF.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tarazona
Teruel

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Carlos Javier Rodríguez, una gran promesa del fútbol" (en castelán). 27 de marzo de 2009. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  2. ""Los jugadores del filial estamos ayudando"". Heraldo de Aragón (en castelán). 1 de abril de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  3. Lambán, Patricia (28 de xuño de 2013). "El Real Zaragoza B incorpora a cuatro jugadores" (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  4. "El Alavés salva 'in extremis' un punto en el estreno de Alberto". Marca (en castelán). EFE. 30 de marzo de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  5. "Carlos Javier, nuevo refuerzo para la SD Tarazona". Heraldo de Aragón (en castelán). 7 de setembro de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  6. "Carlos Javier deja la SD Tarazona y se une al proyecto del CD Teruel" (en castelán). 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  7. "Carlos Javier regresa al Tarazona" (en castelán). 11 de xullo de 2023. Consultado o 29 de novembro de 2023.