Carlo Petrini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlo Petrini

Carlo Petrini, nado en Bra, Piemonte, o 22 de xuño de 1949, é o fundador do movemento internacional Slow food.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fundou o movemento Slow food no 1986 e o movemento internacional no 1989. Foi unha das persoas que organizaron unha vaga de accións contra o fast food, especialmente contra McDonald´s cando este abriu unha hamburguesería no centro histórico de Roma.

Petrini tamén creou a Universidade de Ciencia Gastronómica, con unidades en Colorno, na zona de Parma, e en Polenzo, no Piemonte. Publicou varios libros e fundou a Editora Slow Food.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2000: Communicator of the Year Trophy (IWSC, International Wine and Spirit Competition).
  • 2002: Premio Sicco Mansholt para o soporte da agricultura duradeira.
  • 2004: European Hero polo Time Magazine.