Carl Schmitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carl Schmitt nunha fotografía de grupo con compañeiros de clase (1904).

Carl Schmitt, nado en Plettenberg, Prusia, Imperio Alemán o 11 de xullo de 1888 e finado na mesma cidade o 7 de abril de 1985, foi un xurista alemán.

[editar] Traxectoria

Schmitt foi un dos principais ideólogos do Movemento Revolucionario Conservador de Alemaña. Adscrito á escola do Realismo político e á teoría da orde xurídica, escribiu centrado no conflito social como obxecto de estudo da ciencia política, e máis concretamente a guerra. A súa obra atravesa os avatares políticos do seu país e de Europa no século XX. Militou no Partido Nazi, pero as ameazas das SS, que o consideraban un advenedizo, apartárono do primeiro plano da vida pública.

[editar] Relación con Galicia

A súa filla Anima Schmitt casou en 1957 co profesor de dereito compostelán Alfonso Otero Valera.

En 1962 Manuel Fraga noméao "Membro de Honra" do Instituto de Estudios Políticos de España.

[editar] Pensamento

Schmitt distingue entre política e Estado: Toda vida en sociedade (con ou sen Estado, que é un fenómeno histórico) implica o político. Separa rigorosamente a política da economía, o dereito, do social e do moral. O criterio distintivo do político é a discriminación entre o amigo e o inimigo; esta non é unha definición, senón unha relación existencial, un signo de identificación. O inimigo político é sempre público e defínese como unha comunidade de intereses e de acción que se enfronta (polo menos virtualmente) con outro grupo da mesma natureza. Un pobo ten existencia política cando pode designar ao inimigo.

O ámbito político onde se revela a lóxica que opón o amigo ao inimigo é a guerra. A política está no momento decisivo en que se designa ao inimigo. A decisión política, que é a acción da autoridade soberana, consiste nesa designación. O soberano é aquel que decide politicamente, fora de toda norma, e dispón da vida física dos homes.

O decisionismo de Carl Schmitt é unha das teorías máis importantes do século XX. Oposto ao normativismo de Hans Kelsen, inspirou aos teóricos René Capitant e Julien Feund.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas