Carcharodontosaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carcharodontosaurus
Rango fósil: Cretáceo Superior

Cranio reconstruído de 'C. saharicus, no Museo de Ciencia de Minnesota.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Infraorde: Carnosauria
Superfamilia: Allosauroidea
Familia: Carcharodontosauridae
Subfamilia: Carcharodontosaurinae
Xénero: Carcharodontosaurus
Stromer, 1931
Especie tipo
''Carcharodontosaurus saharicus''
Depéret & Savornin, 1927
Especies
  • C. saharicus
    (Depéret & Savornin, 1925)
  • C. iguidensis
    Brusatte & Sereno, 2007
Sinonimia
  • Megalosaurus saharicus Depéret & Savornin, 1925
  • Megalosaurus africanus von Huene, 1956

Carcharodontosaurus é un xénero de dinosauros carnívoros carcharodontosáuridos que existiron durante a etapa cenomaniense da metade do período Cretáceo. Coñécense dúas especies: C. saharicus e C. iguidensis, que están entre os meirandes terápodos, chegando a ter o mesmo tamaño ou aínda maior que o Tyrannosaurus, Giganotosaurus e o espinosauro.

O xénero Carcharodontosaurus recibe o nome do xénero de tiburóns Carcharodon,[1] que á súa vez se compón do grego antigo karchar[os] (κάρχαρος), que quere dicir "dentado" ou "afiado") e "odōn" (ὀδών, "dente"), e o sufixo -saurus ("lagarto").

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stromer, E. (1931). "Wirbeltiere-Reste der Baharijestufe (unterestes Canoman). Ein Skelett-Rest von Carcharodontosaurus nov. gen." Abhandlungen der Bayerischen Akademie der Wissenschaften, Mathematisch-naturwissenschaftliche Abteilung, 9(Neue Folge): 1–23.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]