Espinosauro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espinosauro
Rango fósil: Cretácico superior
Spinosaurus BW2.png
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda
Superfamilia: Megalosauroidea
Familia: Spinosauridae
Xénero: Spinosaurus
Stromer, 1915
Especies
  • S. aegyptiacus Stromer, 1915 (tipo)
  • S. marocannus Russell, 1996

O Espinosauro (Spinosaurus, en grego "réptil espiña") é un xénero representado por dúas especies de dinosauros terópodos espinosáuridos, que viviron a mediados do Cretácico, fai aproximadamente 95 e 93 millóns de anos, no Cenomaniano), no que hoxe é África. O xénero foi coñecido nun principio polos restos atopados en Exipto en 1910 e descritos polo paleontólogo alemán Ernst Stromer. Os restos orixinais foron destruídos durante os bombardeos da Segunda Guerra Mundial, e o material adicional do cranio apareceu en anos recentes. Non está claro si os restos fósiles representan unha ou dúas especies. A especie mellor coñecida é Spinosaurus aegyptiacus de Exipto, cunha potencial segunda especie que foi recobrado en Marrocos. Tamén se atoparon restos en Alxeria, Túnez e posiblemente de Níxer, Kenya e Libia.