Carballido, Alfoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carballido.
Carballido
Parroquias de Alfoz.png
As nove parroquias que conforman o concello de Alfoz.
Parroquia de Carballido do concello de Alfoz.png
Concello Alfoz
Área 8,14 km²
Poboación 356 hab. (2004)
Densidade 43,73 hab./km²
Entidades de poboación 17

San Sebastián de Carballido é unha parroquia do concello de Alfoz. O Castro de Ouro, Adelán, Bacoi e os concellos de Foz e Mondoñedo encarganse de limitar esta parroquia. Pertencente o arziprestado de O Valadouro. Ten 356 habitantes distribuidos en 17 entidades de poboación e un lugar, cunha densidade media de 43'7 hab/Km2 (2004).

  • As entidades de poboacion son as seguintes: A Agueira (43), Barbeito (51), O Carballal (20), A Cruz (24), O Espido (12), Facelude (21), A Granda (31), A Nespereira (25), A Palloza (10), Os Penoucos (14), Piñeirós (28), As Pontellas (6), Porto do Río (7), A Presa (11), O Pumar (18), A Rega (10) e Solbeira (25).
  • Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: Allegue.
  • Latitude: 43º 31'
  • Lonxitude: 7º 23'
  • Superficie: 8,14 Km²

Índice

[editar] Patrimonio

Dous son os monumentos aos que nos vamos referir nesta parroquia; o primeiro situase na aldea de Barbeito. Alí esta construida a Igrexa parroquial de San Sebastián de Carballido. De finais do século XVIII, ten unha soa nave e dúas sancristías situadas a ambos os lados da capela maior. A fachada principal ten porta con arco adintelado, cos extremos curvados e unha inscrición conmemorativa da construción do templo. Tamén ten unha torre-campanario dun só corpo con elementos arquitectónicos característicos do estilo barroco.

O Pazo de Allegue conforma o segundo monumento desta parroquia. Situado no lugar de Allegue, que tamén lle da nome o Pazo, e que, coma os outros da comarca é propiedade privada non visitable. Situado nunha zona de prados e arborados. Está na aba dunha montaña formada por grandes masas rochosas, sen vexetación. Disponse no medio dunha leira cerrada por un muro baixo de pedra. Fóra da finca hai un interesante cruceiro e restos dun pombal. Está formado por dous corpos perpendiculares de planta rectangular, nunha delas esta adosada unha pequena capela. Os muros son de cadeiría nun dos corpos e de mampostos de granito no outro con esquinais, xambas e dinteles. As cubertas son de lousa e sobre delas hai dúas chemineas de cantería.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Carballido

Lugares da parroquia de Carballido no concello de Alfoz (Lugo)

A Agueira | Allegue | Barbeito | O Carballal | A Cruz | O Espido | Facelude | A Granda | A Nespereira | A Palloza | Os Penoucos | Piñeirós | As Pontellas | Porto do Río | A Presa | O Pumar | A Rega | Solbeira

[editar] Parroquias de Alfoz

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas