Bacoi, Alfoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bacoi
Parroquias de Alfoz.png
As nove parroquias que conforman o concello de Alfoz.
Parroquia de Bacoi do concello de Alfoz.png
Concello Alfoz
Área 3,44 km²
Poboación 215 hab. (2010)
Densidade 62,5 hab./km²
Entidades de poboación 14

Santa María de Bacoi é unha parroquia do concello de Alfoz. Está abrigada polas parroquias de Carballido e O Castro de Ouro, ademais dos concello de Foz e O Valadouro. Pertencente o arciprestado do Valadouro. Segundo o IGE en 2010 tiña 215 habitantes (114 homes e 101 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, cunha densidade media de 62,5 hab/Km2.

  • As entidades de poboación son as seguintes: Canaledo (21), O Castrillón (4), Cima de Vila (20), A Costiña (5), Esmoriz (6), A Faia (6), O Gorvidal (45), A Igrexa (9), As Leas (3), A Milicroca (32), O Piñeiro (24), Rolle (46), Santo Antonio (15) e O Vilar (17).
  • Situación xeográfica da capital parroquial:

Latitude: 43º 22'

Lonxitude: 7º 23'

Superficie: 3,44 Km²

Índice

[editar] Patrimonio

Da aldea da Igrexa é o monumento máis rechamante desta parroquia; a Igrexa parroquial de Santa María de Bacoi. O templo construíuse na primeira metade do século XVIII, ten unha planta de cruz latina, cruceiro con cúpula exagonal sobre pechinas e sancristía detrás da cabeceira. Nas pechinas hai pinturas cos catro evanxelistas e na cúpula represéntase a Asunción da Virxe, todo do século XIX. A fachada é de cantería granítica, cun arco adintelado sobre a porta e espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Bacoi

Lugares da parroquia de Bacoi no concello de Alfoz (Lugo)

Canaledo | O Castrillón | Cima de Vila | A Costiña | Esmoriz | A Faia | O Gorvidal | A Igrexa | As Leas | A Milicroca | O Piñeiro | Rolle | Santo Antonio | O Vilar

[editar] Parroquias de Alfoz

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas