As Oiras, Alfoz
| As Oiras | |
|---|---|
| Igrexa de San Mamede das Oiras. | |
| Concello | Alfoz |
| Área | 8,57 km² |
| Poboación | 110 hab. (2004) |
| Densidade | 12,8 hab./km² |
| Entidades de poboación | 15 |
San Mamede das Oiras é unha freguesía do concello de Alfoz. Está limitada polas freguesías de Lagoa ao norte; O Pereiro e Figueiras (do concello de Mondoñedo) ao sur; Adelán e Figueiras ao leste e O Pereiro ao oeste. En 2004 tiña 110 habitantes distribuídos en 15 entidades de poboación e 3 lugares; a densidade media é de 12,8 hab/Km2. A parroquia pertenceu ao antigo Decanato da Mariña. O seu curato era "de entrada", dotado con 640 reais anuais de renda e de Padroado Real.
Índice |
[editar] Xeografía
As entidades de poboacion son as seguintes: Aguillón (12), Arriba do Río (5), O Cabradoiro (4), A Igrexa (7), Insua Nova (17), Insua Vella (1), O Pazo (1), O Rego do Aro (12), A Ribeira (1), O Río das Donas (5), A Rúa de Escourido (2), A Rúa (19), Sesín (9), A Trabada (3) e O Xogral (12).
Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: As Airas, O Leboreiro e A Pena Mosqueira.
[editar] Situacion xeográfica da capital parroquial
- Latitude: 43º 29'
- Lonxitude: 7º 26'
- Superficie: 8,57 Km²
[editar] Patrimonio
- A Igrexa parroquial de San Mamede das Oiras, situada na aldea da Igrexa. Trátase dun templo reconstruído a comezos do século XX, é de estilo neogótico, cunha soa nave e sancristía situada ao carón da capela maior. Sobre a fachada principal hai unha torre. No interior consérvase un retablo do século XVIII que provén da catedral de Mondoñedo.
- O Cruceiro das Oiras é un dos numerosos cruceiros da comarca, pero, a diferenza destes é que data do século XIX. Está realizado en granito, ten unha cruz que presenta no anverso un Cristo crucificado, e no reverso a Virxe Dolorosa. O capitel ten forma de tronco piramidal, con decoración de volutas. O fuste é octogonal co pedestal cúbico.
[editar] Galería de imaxes
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares das Oiras
| Lugares da parroquia das Oiras no concello de Alfoz (Lugo) | |
|---|---|
|
Aguillón | Arriba do Río | O Cabradoiro | A Igrexa | Insua Nova | Insua Vella | O Pazo | Rego do Aro | A Ribeira | Río das Donas | A Rúa de Escourido | A Rúa | Sesín | A Trabada | O Xogral |
[editar] Parroquias de Alfoz
| Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz | |
|---|---|
|
Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María) |