Caprimulxinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Caprimulginae»)
Caprimulxinos
Caprimulginae

Caprimulgus europaeus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Caprimulgiformes
Familia: Caprimulgidae
Subfamilia: Caprimulginae
Vigors, 1825
Xéneros
Véxase o texto

A dos caprimulxinos (Caprimulginae) é unha das tres subfamilias de aves da orde dos caprimulxiformes nas que, segundo algúns autores, se subdivide a familia dos caprimúlxidos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita en 1825 polo político e zoólogo e irlandés, especializado en ornitoloxía, Nicholas Aylward Vigors, [2] no seu traballo:[3]

Xéneros[editar | editar a fonte]

Os caprimulxinos comprenden once xéneros, con máis de 70 especies.[4]

Características[editar | editar a fonte]

Son paxaros de tamaño mediano, con ás longas, patas curtas e pico moi curto. Adoitan aniñar no chan. Aliméntanse de insectos voadores. Teñen os pés pequenos, pouco útiles para camiñar, e ás longas e acabadas en punta. A súa suave plumaxe ten unha cor críptica. Algunhas especies póusanse ao longo dunha rama. Isto axuda a ocultalos durante o día. A femia pon dous ovos directamente no chan espido. Son principalmente activos ao final da noite e no inicio da mañá ou pola noite e aliméntanse de insectos voadores grandes. O bico ábrese moi ancho e ten a punta superior lixeiramente enganchada. Son similares na maioría dos aspectos aos outros caprimúlxidos nocturnos, pero xeralmente teñen un pico un pouco máis longo e unha plumaxe moi suave.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Caprimulginae en Zoonomen. Consultado o 7 de xaneiro de 2023.
  2. Subfamily Caprimulginae Vigors 1825 Arquivado 19 de decembro de 2022 en Wayback Machine. en fossilworks, Consultado o 7 de xaneiro de 2923.
  3. Observations on the Natural Affinities that connect the Orders and Families of Birds, publicado en The Transactions of the Linnean Society of London 14 (3): 395–517.
  4. Zoonomen. "Birds of the World, current valid scientific avian names.". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • D. Winkler, S. Billerman & I. Lovette: "Nightjars and Allies (Caprimulgidae)", versión 1.0. En: S. Billerman, B. Keeney, P. Rodewald & T. Schulenberg. edit. (2020): Birds of the World. Cornell Lab of Ornithology. Ithaca, Nova York.
  • Han, K.-L., Robbins, M. B. & Braun, M. J. (2010): "A multi-gene estimate of phylogeny in the nightjars and nighthawks (Caprimulgidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 55 (2): 443-453.