Campo do Gerês

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCampo do Gerês
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°45′33″N 8°11′42″O / 41.7592, -8.195Coordenadas: 41°45′33″N 8°11′42″O / 41.7592, -8.195
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Braga
ConcelloTerras de Bouro Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie62,38 km² Editar o valor em Wikidata

Campo do Gerês é unha freguesía portuguesa do municipio de Terras de Bouro, distrito de Braga, tamén coñecida como São João do Campo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Esta antiga aldea está situada a oeste da Mata da Albergaria, en pleno corazón do Parque Nacional da Peneda-Gerês, a 15 km da capital do concello de Terras do Bouro.

A freguesía ocupa unha extensión de 62,38 km² e, no ano 2011, contaba cunha poboación e 162 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2,6 hab./km².

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación da freguesía de Campo do Gerês (1864-2011).[2]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
352 363 388 380 398 394 410 410 489 437 835 226 193 187 162

Cultura[editar | editar a fonte]

Marco miliario XXIX da Vía Romana XVIII (Braga-Astorga). Campo do Gerês.

Campo do Gerês alberga o Museo Etnográfico Vilarinho das Furnas, para conservar a memoria do pobo do mesmo nome, que foi mergullado en 1971 debido á construción dun encoro.

Desde xuño de 2013 pódese visitar o Museu da Geira, que ten un programa museográfico sobre ás técnicas construtivas das vías romanas, así como do transporte empregado na época.

O museo estrutúrase en catro salas temáticas, un auditorio e despachos para estudos arqueolóxicos. O concello de Terras de Bouro conserva actualmente un percorrido de 30 km desde a antiga Geira romana.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Vía romana XVIII (Geira,[3] desde o Lugar de Santa Cruz Souto até a Portela do Home), no seu trazado por Terras de Bouro, desde o miliario XIV (Santa Cruz) ao miliario XXXIV (Albergaria), incluíndo todas as estruturas arqueolóxicas asociadas a ela.
  • Cruceiro de São João do Campo
  • Marco miliario Covide e Campo

Notas[editar | editar a fonte]