Campionato Carioca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Campionato Carioca de fútbol»)
Campionato Carioca
Fundación1906
RexiónEstado do Río de Xaneiro
ConfederaciónFERJ
Equipos16
CopaCopa Rio
DescensoCampionato Carioca Série A2
Actual campiónFluminense (32º título)
Máis laureadoFlamengo (37 títulos)
TelevisiónRecordTV
Eleven Sports
Sitio webfferj.com.br
Campionato Carioca de 2022

O Campionato Carioca (en portugués: Campeonato Carioca), é a máxima competición de fútbol do estado brasileiro do Río de Xaneiro. Coñecido oficialmente como Campeonato Estadual do Rio de Janeiro, dispútase dende 1906, organizado pola Federación de Fútbol do Estado do Río de Xaneiro. É a terceira competición de fútbol máis antiga do Brasil, só por detrás do Campionato Paulista e do Campionato Baiano.

A historia da competición está marcada polas rivalidades entre os catro equipos brasileiros máis prestixiosos do Río: Botafogo, Flamengo, Fluminense e Vasco da Gama. O Flamengo é o club con máis títulos, cun total de 37.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros anos[editar | editar a fonte]

A finais do século XIX e comezos do XX deuse un forte crecemento da popularidade do fútbol no Río de Xaneiro e en Niterói. Creáronse clubs como o Rio Cricket, o Fluminense, o Bangu, o América Football Club e o Botafogo, e organizáronse as primeiras competicións entre eles. O 8 de xuño de 1905 fundouse a Liga Metropolitana de Fútbol.[1]

En 1906, celebrouse o primeiro Campionato Carioca, disputado por seis clubs: Fluminense, Botafogo, Bangu, Football and Athletic, Paissandu e Rio Cricket. O America, a pesar de ser un dos fundadores da liga, non disputou a primeira edición, que foi conquistada polo Fluminense.[2]

En 1907, o campionato rematou cun empate entre o Botafogo e o Fluminense. O Fluminense considerábase a si mesmo campión, argumentando o criterio da diferenza de goles, mentres que Botafogo pediu un partido de desempate. A disputa quedou sen resolver ata 1996, cando ambos os clubs foron oficialmente proclamados campións.[3] O 29 de febreiro de 1908, Fluminense, Botafogo, América, Paissandu, Rio Cricket e Riachuelo fundaron a Liga Metropolitana de Sports Athleticos (LMSA), que pasou a organizar o Campionato Carioca. O campión foi o Fluminense.[4]

Escisións[editar | editar a fonte]

AFRJ: a primeira escisión[editar | editar a fonte]

A primeira escisión da liga produciuse en 1911, cando o Botafogo, descontento pola suspensión do seu futbolista Abelardo de Lamare, abandonou a LMSA e fundou a Associação de Football do Rio de Janeiro (AFRJ).[5] Esta organizou un campionato paralelo, que foi conquistado polo propio Botafogo.

LMDT: 1917-1932[editar | editar a fonte]

En 1917, varias acusacións de suborno fixeron que a LMSA cambiase a denominación pola de Liga Metropolitana de Desportos Terrestres (LMDT). O Fluminense gañou a competición daquel ano.

AMEA: a segunda escisión[editar | editar a fonte]

O 1 de marzo de 1924 produciuse unha segunda escisión na liga, cando se fundou a Associação Metropolitana de Esportes Athleticos (AMEA), por parte de Flamengo, Fluminense, Botafogo e America, con restricións para os xogadores negros e de clase baixa.[5] A Confederação Brasileira de Desportos (CBD) recoñeceu á AMEA como a liga oficial do Río de Xaneiro a partir de 1924 e desvencellouse da LMDT. A nova competición da AMEA foi gañada polo Fluminense, mentres que a da LMDT gañouna o Vasco da Gama, o único club significativo que se mantivo na antiga liga. En 1925, a AMEA anulou as súas condicións raciais e o Vasco abandonou a LMDT, que continuou con clubs menores. Anos máis tarde, o campionato LMDT de 1924 foi considerado oficial, pero non os seguintes campionatos da LMDT. 

Profesionalización e a unión da liga[editar | editar a fonte]

O 23 de xaneiro de 1933, Bangu, Fluminense, Vasco e América fundaron a primeira liga profesional do Río de Xaneiro, a Liga Carioca de Futebol (LCF), que non foi recoñecida pola Confederação Brasileira de Desportos, contraria ao profesionalismo no deporte. Disputáronse dous campionatos paralelos durante tres anos, ata que

se fusionaron en 1937, ano no que os clubs de fútbol brasileiros foron profesionalizados.

Federación Carioca de Futebol (FCF)[editar | editar a fonte]

O 21 de abril de 1960, a capital brasileira pasou a ser en Brasilia, polo que a Federação Metropolitana de Futebol foi rebautizada como Federação Carioca de Futebol (FCF). O America gañou o campionato estatal daquel ano.

Despois de 1975[editar | editar a fonte]

O 15 de marzo de 1975, os estados do Río de Xaneiro e Guanabara fusionáronse baixo o nome de Río de Xaneiro. O 29 de setembro de 1978 fundouse a Federação de Futebol do Estado do Rio de Janeiro (FERJ), coa fusión do FCF do estado de Guanabara e da FFD do estado de Río de Xaneiro. En 1979 disputouse un campionato extra, incluíndo tamén aos equipos estatais de fóra da cidade, que ata ese ano disputaban o Campionato Fluminense. Foi gañado polo Flamengo.

Formato[editar | editar a fonte]

A competición adoita dividirse en tres fases: a tradicional Taça Guanabara, a Taça Rio e a final.

A Taça Guanabara é a primeira fase da competición, cos equipos divididos en dous grupos. Os tradicionas "catro grandes" (Botafogo, Flamengo, Fluminense e Vasco da Gama) actúan como cabezas de serie, con dous deles en cada grupo. Os equipos xogan un partido contra cada equipo do seu grupo, e o primeiro de cada grupo xoga pasa a semifinais, onde xoga contra o segundo equipo. Os vencedores clasifícanse para o partido final.

A Taça Rio é a segunda etapa da competición. Os equipos divídense nos dous mesmos grupos da Taça Guanabara, pero cada un deles xoga unha vez contra cada equipo do outro grupo. O primeiro equipo de cada grupo compite nas semifinais co segundo equipo do grupo contrario, e os gañadores das semifinais compiten pola Taça Rio.

Os gañadores da Taça Guanabara e da Taça Rio disputan a final do Campionato Carioca, a dobre partido.

Lista de campións e máximos goleadores[editar | editar a fonte]

Era afeccionada[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Máximo goleador Club Goles
1906 Fluminense (1) Paissandu Horácio Costa Fluminense 18
1907 Botafogo (1)
Fluminense (2)[N 1]
Paissandu Flávio Ramos Botafogo 6
1908 Fluminense (3) Botafogo Edwin Cox Fluminense 12
America
1909 Fluminense (4) Botafogo Flávio Ramos Botafogo 16
1910 Botafogo (2) Fluminense Abelardo de Lamare Botafogo 22
1911 Fluminense (5) America James Calvert Fluminense 5
1912 (LMSA) Paissandu (1) Flamengo Henry Robinson Paissandu 24
1912 (AFRJ) Botafogo (3) SC Americano Mimi Sodré Botafogo 12
1913 America (1) Flamengo Mimi Sodré Botafogo 13
1914 Flamengo (1) Botafogo Barthô Fluminense 10
1915 Flamengo (2) Fluminense Henry Welfare Fluminense 19
1916 America (2) Botafogo Aluízio Botafogo 12
1917 Fluminense (6) America Luís Menezes Botafogo 16
1918 Fluminense (7) Botafogo Luís Menezes Botafogo 21
1919 Fluminense (8) Flamengo Braz de Oliveira São Cristóvão 24
1920 Flamengo (3) Fluminense Arlindo Botafogo 17
Claudionor Bangu
1921 Flamengo (4) America Cecy Vila Isabel 15
1922 America (3) Flamengo Braz de Oliveira Carioca 15
1923 Vasco da Gama (1) Flamengo Nonô Flamengo 17
1924 (AMEA) Fluminense (9) Flamengo Nilo Fluminense 28
1924 (LMDT) Vasco da Gama (2) Bonsucesso Telê Andarahy 16
1925 Flamengo (5) Fluminense Nonô Flamengo 27
1926 São Cristóvão (1) Vasco da Gama Vicente São Cristóvão 25
1927 Flamengo (6) Fluminense Nilo Botafogo 30
1928 America (4) Vasco da Gama Vicente São Cristóvão 21
1929 Vasco da Gama (3) America Russinho Vasco 23
Telê America
1930 Botafogo (4) Vasco da Gama Preguinho Fluminense 20
Ladislau Bangu
1931 America (5) Vasco da Gama Russinho Vasco 17
1932 Botafogo (5) Flamengo Preguinho Fluminense 21
1933 (AMEA) Botafogo (6) Olaria Nilo Botafogo 19
1934 (AMEA) Botafogo (7) Andarahy Bianco Andarahy 13

Era profesional[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Máximo goleador Club Goles
1933 (LCF) Bangu (1) Fluminense Tião Bangu 13
1934 (LCF) Vasco da Gama (4) São Cristóvão Alfredinho Flamengo 10
1935 (FMD) Botafogo (8) Vasco da Gama Ladislau Bangu 18
1935 (LCF) America (6) Fluminense China Bonsucesso 16
1936 (FMD) Vasco da Gama (5) Madureira Carvalho Leite Botafogo 15
1936 (LCF) Fluminense (10) Flamengo Hércules Fluminense 23
1937 Fluminense (11) Flamengo Niginho Vasco 25
1938 Fluminense (12) Flamengo Carvalho Leite Botafogo 16
1939 Flamengo (7) Vasco da Gama Carvalho Leite Botafogo 22
1940 Fluminense (13) Flamengo Leônidas Flamengo 30
1941 Fluminense (14) Flamengo Pirilo Flamengo 39
1942 Flamengo (8) Botafogo Heleno Botafogo 28
1943 Flamengo (9) Fluminense João Pinto São Cristóvão 26
1944 Flamengo (10) Vasco da Gama Geraldino Canto do Rio 19
1945 Vasco da Gama (6) Botafogo Lelé Vasco 13
1946 Fluminense (15) Botafogo Rodrigues Fluminense 28
1947 Vasco da Gama (7) Botafogo Dimas Vasco 18
1948 Botafogo (9) Vasco da Gama Orlando Fluminense 21
Octávio Botafogo
1949 Vasco da Gama (8) Fluminense Ademir Vasco 31
1950 Vasco da Gama (9) America Ademir Vasco 25
1951 Fluminense (16) Bangu Carlyle Fluminense 23
1952 Vasco da Gama (10) Flamengo Menezes Bangu 19
Zizinho
1953 Flamengo (11) Fluminense Benítez Flamengo 22
1954 Flamengo (12) America Dino da Costa Botafogo 24
1955 Flamengo (13) America Paulinho Flamengo 23
1956 Vasco da Gama (11) Fluminense Waldo Fluminense 22
1957 Botafogo (10) Fluminense Paulo Valentim Botafogo 22
1958 Vasco da Gama (12) Flamengo Quarentinha Botafogo 20
1959 Fluminense (17) Botafogo Quarentinha Botafogo 25
1960 America (7) Fluminense Quarentinha Botafogo 25
1961 Botafogo (11) Flamengo Amarildo Botafogo 18
1962 Botafogo (12) Flamengo Saulzinho Vasco 18
1963 Flamengo (14) Fluminense Bianchini Bangu 18
1964 Fluminense (18) Bangu Amoroso Fluminense 19
1965 Flamengo (15) Bangu Amoroso Fluminense 10
1966 Bangu (2) Flamengo Paulo Borges Bangu 16
1967 Botafogo (13) Bangu Paulo Borges Bangu 13
1968 Botafogo (14) Vasco da Gama Roberto Botafogo 13
1969 Fluminense (19) Botafogo Flávio Fluminense 15
1970 Vasco da Gama (13) Fluminense Flávio Fluminense 18
1971 Fluminense (20) Botafogo Paulo César Caju Botafogo 11
1972 Flamengo (16) Fluminense Doval Flamengo 16
1973 Fluminense (21) Vasco da Gama Dadá Maravilha Flamengo 15
1974 Flamengo (17) Vasco da Gama Luisinho Lemos America 20
1975 Fluminense (22) Botafogo Zico Flamengo 30
Vasco da Gama
1976 Fluminense (23) Vasco da Gama Doval Fluminense 20
1977 Vasco da Gama (14) Flamengo Zico Flamengo 27
1978 Flamengo (18) Vasco da Gama Zico Flamengo 19
Cláudio Adão
Roberto Dinamite Vasco
1979 Flamengo (19) Fluminense Zico Flamengo 26
1979 (extra) Flamengo (20) Vasco da Gama Zico Flamengo 34
1980 Fluminense (24) Vasco da Gama Cláudio Adão Fluminense 20
1981 Flamengo (21) Vasco da Gama Roberto Dinamite Vasco 31
1982 Vasco da Gama (15) Flamengo Zico Flamengo 21
1983 Fluminense (25) Flamengo Luisinho Lemos America 22
1984 Fluminense (26) Flamengo Baltazar Botafogo 12
Cláudio Adão Bangu
1985 Fluminense (27) Bangu Roberto Dinamite Vasco 12
1986 Flamengo (22) Vasco da Gama Romário Vasco 20
1987 Vasco da Gama (16) Flamengo Romário Vasco 16
1988 Vasco da Gama (17) Flamengo Bebeto Flamengo 17
1989 Botafogo (15) Flamengo Bebeto Flamengo 18
1990 Botafogo (16) Vasco da Gama Gaúcho Flamengo 14
1991 Flamengo (23) Fluminense Gaúcho Flamengo 17
1992 Vasco da Gama (18) Flamengo Ézio Fluminense 15
1993 Vasco da Gama (19) Fluminense Valdir Vasco 19
1994 Vasco da Gama (20) Flamengo Charles Flamengo 14
Túlio Botafogo
1995 Fluminense (28) Flamengo Túlio Botafogo 27
1996 Flamengo (24) Vasco da Gama Romário Flamengo 26
1997 Botafogo (17) Vasco da Gama Romário Flamengo 18
1998 Vasco da Gama (21) Flamengo Romário Flamengo 10
1999 Flamengo (25) Vasco da Gama Romário Flamengo 16
2000 Flamengo (26) Vasco da Gama Romário Vasco 19
2001 Flamengo (27) Vasco da Gama Edílson Flamengo 16
2002[N 2] Fluminense (29) Americano Fábio Volta Redonda 16
2003 Vasco da Gama (22) Fluminense Fábio Bala Fluminense 10
2004 Flamengo (28) Vasco da Gama Valdir Vasco 14
2005 Fluminense (30) Volta Redonda Túlio Volta Redonda 12
2006 Botafogo (18) Madureira Dodô Botafogo 9
2007 Flamengo (29) Botafogo Dodô Botafogo 13
Marcelo Madureira
2008 Flamengo (30) Botafogo Wellington Paulista Botafogo 14
2009 Flamengo (31) Botafogo Maicosuel Botafogo 12
2010 Botafogo (19) Flamengo Vágner Love Flamengo 15
2011 Flamengo (32) Fluminense Fred Fluminense 10
Frontini Boavista
2012 Fluminense (31) Botafogo Alecsandro Vasco 12
2013 Botafogo (20) Flamengo Hernane Flamengo 12
2014 Flamengo (33) Vasco da Gama Edmilson Vasco 11
2015 Vasco da Gama (23) Botafogo Fred Fluminense 11
2016 Vasco da Gama (24) Botafogo Tiago Amaral Volta Redonda 10
2017 Flamengo (34) Fluminense Paolo Guerrero Flamengo 10
2018 Botafogo (21) Vasco da Gama Pedro Fluminense 7
2019 Flamengo (35) Vasco da Gama Bruno Henrique Flamengo 8
2020 Flamengo (36) Fluminense Gabigol Flamengo 8
João Carlos Volta Redonda
2021 Flamengo (37) Fluminense Alef Manga Volta Redonda 9
2022 Fluminense (32) Flamengo Gabigol Flamengo 9
  1. Ambos clubs foron declarados campións
  2. Estivo en disputa xudicial ata 2009, cando o Fluminense foi oficialmente confirmado como campión.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club Títulos Subcampionatos Anos campión
Flamengo
37
32
1914, 1915, 1920, 1921, 1925, 1927, 1939, 1942, 1943, 1944, 1953, 1954, 1955, 1963, 1965, 1972, 1974, 1978, 1979 (Especial), 1979, 1981, 1986, 1991, 1991, 1991, 1999, 2000, 2001, 2004, 2007, 2008, 2009, 2011, 2014, 2017, 2019, 2020, 2021
Fluminense 32 23 1906, 1907, 1908, 1909, 1911, 1917, 1918, 1919, 1924, 1936, 1937, 1938, 1940, 1941, 1946, 1951, 1959, 1964, 1969, 1971, 1973, 1976, 1976, 1980, 1983, 1984, 1985, 1995, 2002, 2005, 2012, 2022
Vasco da Gama
24
25
1923, 1924, 1929, 1934, 1936, 1945, 1947, 1949, 1950, 1952, 1956, 1958, 1970, 1977, 1982, 1987, 1988, 1992, 1993, 1994, 1998, 2003, 2015, 2016
Botafogo
21
20
1907, 1910, 1912, 1930, 1932, 1933, 1934, 1935 *, 1948, 1957, 1961, 1962, 1967, 1967, 1967, 1968, 1989, 1990, 1997, 2006, 2010, 2013, 2018
America
7
7
1913, 1916, 1922, 1928, 1931, 1935, 1960
Bangu
2
6
1933, 1966
São Cristóvão
1
1
1926
Paissandu
1
1
1912

Máximos goleadores absolutos[editar | editar a fonte]

Pos Xogador Goles Clubs
1 Roberto Dinamite 284 Vasco da Gama
2 Zico 239 Flamengo
3 Romário 233 Vasco da Gama, Flamengo, Fluminense
4 Ademir de Menezes 197 Vasco da Gama, Fluminense
5 Nilo 196 Botafogo, Brasil, Fluminense
6 Ladislau da Guia 172 Bangu, Canto do Rio
7 Carvalho Leite 166 Botafogo
8 Russinho 164 Andarahy, Vasco da Gama, Botafogo
9 Luisinho Lemos 156 America, Flamengo, Botafogo, Americano
10 Zizinho 153 Flamengo, Bangu
11 Pirillo 151 Flamengo, Botafogo
12 Quarentinha 149 Botafogo, Bonsucesso
13 Heleno de Freitas 133 Botafogo, Vasco da Gama
14 Leônidas 125 Syrio e Libanez, Bonsucesso, Flamengo, Botafogo
15 Inglaterra Henry Welfare 123 Fluminense
16 Didi 118 Madureira, Fluminense, Botafogo
17 Pinga 114 Vasco da Gama
18 Cláudio Adão 112 Flamengo, Fluminense, Vasco da Gama, Bangu, Campo Grande, Volta Redonda
19 Perácio 105 Botafogo, Flamengo, Canto do Rio
Plácido 105 Bangu, America
21 Orlando Pingo 102 Fluminense, Botafogo
Waldo 102 Fluminense
23 Preguinho 100 Fluminense
24 Bebeto 98 Fluminense, Vasco da Gama, Botafogo
25 Hércules 96 Fluminense

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agostino 2006, p. 82.
  2. "CAMPEONATO CARIOCA DE 1906 - 1ª DIVISÃO" (en portugués). 24 de maio de 2008. Consultado o 6 de setembro de 2022. 
  3. "Botafogo x Fluminense: O polêmico campeonato de 1907" (en portugués). 11 de marzo de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2022. 
  4. "Rio de Janeiro Championship 1908". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Pereira Nunes, André Luiz (15 de marzo de 2021). "As 3 principais cisões do Campeonato Carioca" (en portugués). Consultado o 6 de setembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]