Camiño Neocatecumenal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Virxe do Camiño Neocatecumenal" - Icona de Francisco Argüello

Camiño Neocatecumenal é un itinerario católico que, segundo os seus estatutos —aprobados pola Santa Sé—, é delimitado como itinerario de formación católica ou fundación de bens espirituais.

Características[editar | editar a fonte]

Os iniciadores e membros non se autodenominan movemento nin sociedade dado o carácter eminentemente catequizador do itinerario. Esta expresión é a usada polos documentos oficiais para referirse ó "Camiño Neocatecumenal" (cf. Decreto de aprobación ad experimentum dos Estatutos do Camiño Neocatecumenal, 29 de xuño de 2002.

Os seus iniciadores son os leigos españois Kiko Argüello e Carmen Hernández. Eles, xunto co sacerdote italiano Mario Pezzi, forman o equipo responsable. O Camiño Neocatecumenal foi iniciado na década de 1960 no barrio de Palomeras, na periferia de Madrid, e se ten estendido por todo o mundo. Na actualidade está presente en máis de 6.000 parroquias de 106 países, cuns 3.000 sacerdotes, 1.500 seminaristas e 78 seminarios Redemptoris Mater.

A Santa Sé defíneo como un "Itinerario de Formación Católica Postbautismal, válido para a sociedade e para os tempos de hoxe".

Nun primeiro momento, os seus Estatutos foron aprobados de forma temporal por cinco anos ("ad experimentum"), o 29 de xuño de 2002, polo Papa Xoán Paulo II. Posteriormente, a comezos do 2008 expediuse o decreto no que os estatutos se aproban definitivamente e o 13 de xuño de 2008, o Cardeal Stanisław Ryłko, Presidente dos Consellos pontificios, entregou o decreto de aprobación dos Estatutos do Camiño Neocatecumenal xunto ao seu texto final, o que reafirma este itinerario como parte estrutural da Igrexa Católica.