Cambio semántico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O concepto de cambio semántico[editar | editar a fonte]

Denomínase cambio semántico á variación de significado que sofren as palabras ó longo da súa historia.

A pesar de que o significado é o moi pouco resistente ó cambio, a evolución semántica do vocabulario lingüístico recibiu escasa atención ó ser imposible establecer leis semánticas constatables como acontece coa evolución fonolóxica.

Causas do cambio semántico[editar | editar a fonte]

Las causas do cambio semántico poden ser:

  1. Lingüísticas: Unha das causas do cambio de significado é a frecuente asociación de dúas ou máis palabras. Isto é, entre as voces que acostuman a concorrer xuntas nun mesmo contexto, pode suceder que o significado de unha se transfira á outra.:REM NĀTA quería dicir orixinariamente 'calquera cousa' > 'nada, en absoluto' (A elipse de REM dá lugar ó actual nada. A elipse de NADA dá o medieval ren).
  2. Causas históricas: Calquera cambio na realidade extralingüística constitúe un caso de cambio semántico ó non ir acompañado por un cambio de significante: coche: 'vehículo tirado por cabalos' > automóbil. Alguacil (<wasîr 'primeiro ministro') >med. 'gobernador dunha cidade' > 'maxistrado' > 'policía' > 'oficial menor da corte', 'mensaxeiro co concello'.
  3. Causas sociais: Pode darse unha redución do significado ou unha ampliación por pasar a circunscribirse unha palabra a un ámbito máis reducido ou máis xeral: AFFECTARE 'dedicarse a algo' > 'adornar, embelecer' > afeitar. Armario ('armería') > armario
  4. Causas psicolóxicas: Tabús e eufemismos. Por exemplo, aseo por latrina, ou o latín VULPES que foi substituído por motivos eufemísticos dando lugar a raposo en referencia ó rabo poboado.