Caicos do Sur
| Caicos do Sur | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Cockburn Harbour |
| País | Reino Unido |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2001) | 1.063 hab. |
| Superficie | 21´2 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 21°30′34″N 71°31′04″W / 21.50944°N 71.51778°W |
| Maior Altura | 30 m. |
| Localización | |
Caicos do Sur (ou South Caicos) é a sétima illa máis grande das Illas Turks e Caicos, cunha superficie de 21´2 km². A poboación estimouse en 1.579 no ano 2006. Xunto coas deshabitadas Caicos oriental e unha serie de illas máis pequenas, constitúen o distrito de Caicos do Sur e do Leste , cunha superficie total de 136´8 km². Todas as illas no leste e o sur do Banco Caicos pertencen a este distrito, con excepción de Caio Francés, que pertence a Providenciales e Caicos do Oeste. Entre as máis grandes destas illas están o Caio McCartney (11´4 km²), o Caio Pequeno Ámbar gris (6´6 km²), o Gran Caio Ámbar gris (4´3 km²), e Caio Longo (1´0 km²).
Hai catro pobos:
- Cockburn Harbour (a capital do distrito), con 811 habitantes
- Out North (Saída do Norte), con 706 habitantes
- The Flat, ca súa poboacion incluída na de Out North
- Highlands (Terras Altas), con 62 habitantes.
Caicos do Sur é coñecida pola excelente pesca, tanto de augas profundas como pouco profundas e polo mergullo. Para a maioría das persoas, o acontecemento principal do ano é a regata anual de Caicos do Sur, cando se realizann festas en toda a illa, regatas e outros xogos.